slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DOS ALUMNOS DE CUARTO A SALOU

20/06/2016 20:01
Atlantic/Bermuda

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO CURSO 2016/17

Con data 16/05/2016, saiu publicado no DOG a convocatoria das axudas do vindeiro Curso Escolar. Neste enlace podedes consultar toda a información.

Lembrade que o prazo remata o día 23 de xuño.

DÍA DA ÁRBORE

 

O pasado 29 de marzo o Concello de Abegondo celebrou o Día da Árbore onde o IES de Viós foi o elexido para este acontecemento. 

Os escolares plantaron tres exemplares de serbal no recinto educativo. O serbal e unha árbore característica porque atrae as aves. 

O alcalde de Abegondo José Antonio Santiso e o Concexal de Educación e tamén o director do centro IES de Vios Luis Freire,  axudaron ós alumnos na plantación.

Se queres saber máis sobre o Serbal fai clic aquí

 

DI BASTA Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Alumnos de 4º ESO visitaron o Museo de Belas Artes

Alumnos de 4º ESO visitaron o Museo de Belas Artes de A Coruña para ver a exposición dos grabados de Goya e realizar un obradoiro de grabado en punta seca.

Alumnos de 4º ESO visitaron o Museo de Belas Artes

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

10/07/2015 13:01
Atlantic/Bermuda

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO DESTINADO AO ALUMNADO MATRICULADO EN 2º E 4º DE E.S.O.

 

Publicase a relación provisional de solicitudes admitidas e excluidas segundo dispoñe A orde do 21 de maio de 2015

VER FICHEIROS ADXUNTOS

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO NA E.S.O

08/07/2015 15:55
Atlantic/Bermuda

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16.

Calendario exames setembro Curso 2015/16

30/06/2015 13:23
Atlantic/Bermuda

No enlace tedes o calendario de setembro de 2015.

Calendario exames setembro Curso 2015/16

 

Libros de texto para o Curso 2015/16

30/06/2015 13:14
Atlantic/Bermuda

Para o curso 2015/16 non hai cambios con respecto aos libros de texto, aínda así no seguinte enlace tedes a relación de libros para o vindeiro curso. 

Libros texto-Curso 2015/16

 

Matrícula para o Curso 2015/16

26/06/2015 10:53
Atlantic/Bermuda

 O prazo ordinario de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo.  O prazo extraordinario abranguerá desde o 1 ao 10 de setembro.

O alumnado poderá descargar todos os impresos necesarios para a matrícula no IES de Viós no apartado "Secretaría", subapartado "Descarga de Impresos".

alumnado do centro só terá que entregar o impreso de matrícula do curso que lle corresponde debidamente cumprimentado.

O alumnado que se matricule por primeira vez no IES Viós deberá achegar xunto co impreso indicado anteriormente a seguinte documentación:

     - A descargar da páxina web:

          - Impreso de datos persoais e familiares

          - Consentimento ou non para ser fotografado, ou gravado en video

          - Consentimento ou non para subministrar medicación

     - Outra documentación:

          - Fotocopia do DNI (de telo)

          - Fotocopia da tarxeta sanitaria

          - Fotocopia do libro de familia (páxinas  onde figuren os pais e o alumno/a)

          - 4 fotos recentes tamaño carnet (co nome escrito por atrás)

          - Se o alumno/a padecese algunha enfermidade, alerxia, etc., pregámos o comuniquen ao centro.

 

 

Para calquera dúbida, poden telefonear ao centro en horario de oficina (981673195)

Pais/Nais

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer