PROCESO ADMISIÓN 24/25

 

Proceso de admisión curso 2024/2025 (3)

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ 

Podes consultar o manual para as familias AQUÍ

Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión: AQUÍ

·      

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·      

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Proceso de admisión curso 2024/2025 (2)

Criterio complementario de Centro

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 29/01/2024 é  "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de  convivencia ou certificado de empadroamento.

Pode consultar o criterio complementario no arquivo adxunto.

 

 

Proceso de admisión curso 2024/2025 (1)

Aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA para o alumnado dos centros adscritos ao IES Gonzalo Torrente Ballester, desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febrero.

 Centros adscritos na ESO:

-       CEIP Cabanas (Salcedo)

-       CEIP San Martiño (Salcedo)

-       CEIP A Carballeira (Lourizán)

     Centros adscritos no Bacharelato:

-       CPR plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres

         -      CPI de O Toural

 

Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Criterio complementario 24-25 aprobado polo Consello.pdf39.6 KB