Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

1.600 prazas en estadías para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras

 

   A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 1.600 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras a través de estadías formativas, ben en réxime residencial en Galicia, ben en familia ou residencia no estranxeiro.

    A Consellería sufragará entre o 87% e o 50% do custo das estadías que realice o alumnado beneficiario.

  O prazo de solicitude da convocatoria estará aberto dende o 21 de febreiro, ao 20 de marzo.

  No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1025 prazas. No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas.

    Ler máis

Fondo solidario para libros de texto e material escolar

   

     O 12 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro:

  1- A listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario.
  2- A listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión.
  3- A relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada e a documentación da que carezan.

    As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional: os días 13 (venres) e 16 (luns) de xullo.

                    Fondosolidario-DOGA

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017/18

   

       O día 11 de maio, publicouse no DOG a Orde do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.
     O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.
    As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente as persoas interesadas e  presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018.

STEMWEEK: Actividades verán STEM en lingua inglesa

   

      Actividades verán STEM en lingua inglesa para alumnado de 3º e 4º da ESO.

      ORDE do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinada ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

      O prazo de presentación de solicitudes comeza o 13 de xuño e remata o 12 de xullo de 2018.

Axudas para a adquisición de material escolar. 2018

   

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar.

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 22 de xuño (este inluído) para presentar nos centros educativos ou via telemática, as correspondentes solicitudes.
    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado nos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
    3- A contía das axudas para adquirir libros de texto para ESO será de:

Premios extraordinarios de Bacharelato

   

    O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017-2018.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017/18 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

                                       máis información

Actividades de formación en línguas estranxeiras

        Publicación da Orde do 22 de xaneiro de 2018, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria.

PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18. FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

        O alumnado que solicitou axudas para material e prestamo de libros para o curso 2017-18 terá á súa disposición, na secretaría do centro, dende o día 13 de setembro, os vales e o listado de libros que lle foron asignados.
Distribuir contido


by Dr. Radut