Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

   

    Na resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
    As familias poden recoller o vale de 25€ no centro a partir do luns día 17 de outubro.

Fondo solidario para o curso 2022/23. Publicación de listaxes provisionais.

   

    Procédese á publicación no vestíbulo do centro das listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

Bolsas de axuda ó alumnado de bacharelato e con necesidades específicas de apoio educativo 2022

 

     Ata o 30 de setembro de 2022 permanece aberto o prazo para solicitar bolsas de axuda e subsidios destinados aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023, dirixida a quen presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ao alumnado con trastorno do espectro autista e aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
    Están destinadas a alumnos cursando ESO ou Bacharelato, entre outros niveis educativos.

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Curso 2021/22

 

     O 30 de maio publicouse no DOG a ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311D).

    Pode acceder á información desta convocatoria na Sede Electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

    As persoas solicitantes menores de idade teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante

      

Convocatoria do fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 2022.

   

    Vense de publicar a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

    IMPORTANTE: Só se poderá solicitar a axuda de material xa que este centro participa na convocatoria E-dixgal en todos os niveis da ESO

    Ver información básica de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes de becas para o curso 2022-2023

   

    Vense de publicar unha resolución da secretaría de estado de educación, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios ata as 24,00 horas (hora peninsular) do día 16 de maio de 2022.

 

Convocatoria premios extraordinarios de bachaletato. Curso 2021-2022

   

    No DOG de hoxe luns saíu publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao presente curso.

    O prazo de solicitudes comezará o 26 de abril e remata o 25 de maio.

    Un requisito fundamental é ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    A presentación é electrónica e hai un enlace no artigo 4 do DOG.

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación

   

   O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o alumnado de último curso de calquera etapa educativa que no ano académico 2022-2023 vaia iniciar estudos superiores.

    O próximo 12 de maio remata o prazo, con posterioridade non será posible solicitar bolsas para cursar estudos durante o ano académico 2022-2023.

                         Cartel informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut