Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Premios extraordinarios de bacharelato

   

    O día 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019  pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018-2019.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.

                                       máis información

Visita internacional no Plan Proxecta: O Mundo que queremos

   

    O pasado día 9 de abril tivemos unha nova parada no Plan Proxecta: O mundo que queremos: a "visita internacional". Nesta ocasión, representantes das asociacións Concavis Trans (Asociación Comunicando y Capacitando Mujeres Trans) e ORMUSA (Organización de Mujeres Salvadoreñas) explicaron a súa experiencia de defensa dos seus colectivos en El Salvador.
    Con isto, puidemos coñecer como un grupo de persoas poden loitar por conseguir acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, neste caso, a redución das desigualdades.

Plan Proxecta: Como podemos acadar os ODS

 

   

    Adiantamos aquí os primeiros resultados dos obradoiros de radio: na primeira sesión, aquel alumnado que o desexou puido gravar unha proposta de como acadar o obxectivo escollido pola súa clase: a redución da pobreza ou a redución das desigualdades.
    Finalmente, desde as Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@snos enviaron estas cuñas sonoras. Para poder compartir as ideas do alumnado co resto do centro, colgamos estas propostas no "Recuncho do Mundo que Queremos"

Listaxes de alumnado admitido para o curso 2019-2020

   

    Procede a publicarse para a súa consulta a listaxe do alumnado admitido neste centro para cursar ESO e  Bacharelato no vindeiro curso 2019-2020.

     Tal como establece o artigo 18 do decreto 254/2012 (DOG Nº 245 do 26 de decembro) e o artigo 30 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013), contra esta resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

GenTech

   

    O alumnado de primeiro de bacharelato do centro asistíu á charla “Descobre o teu GenTech” impartido pola empresa Altia.

    Nesta animada e amena charla os poñentes intentaban axudar ós rapaces a descubrir o seu xene tecnolóxico con diversas cuestións e amosando varios exemplos.

ERASMUS+: ROBOT DANCE do Sofía Casanova en Finlandia

   

     A primeira semana de Abril celebrouse en Kuopio, Finlandia, unha nova reunión de formación do Proxecto ERASMUS+: ROBOT DANCE no que o instituto está a participar.

    Durante esta semana un grupo de profesoras do centro mostraron o traballo realizado, visitaron os centros educativos integrados no proxecto e puideron coñecer o funcionamento do sistema de ensinanza finlandés

Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todos os membros do centro a participar, pero sobre todo ao alumnado.
    Esperando que o concurso teña boa acollida este ano e poida seguir celebrándose en próximos cursos, achegamos as bases, bases que tedes polo centro e tamén nos corchos das aulas.

"Son do Sofía", no festival "A mocidade coa lingua"

   

 O coro "Son do Sofía" participou, o xoves 11 de abril, xunto con outros grupos da comarca, no festival "A mocidade coa lingua" que, un ano máis, organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra .
    Os membros de "Son do Sofía" interpretaron as súas versións de "Matriarcas" e "Believer".

Distribuir contido


by Dr. Radut