Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Charla obradoiro: "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes"

   

    O martes 19 de decembro de 2023 teremos unha Charla obradoiro para as familias no Sofía. A temática será "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes".

   Tera lugar na biblioteca do centro de 16:30 a 18:10.Imprescindible confirmar asistencia no correo da ANPA do Centro anpasofiacasanova@gmail.com

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras

   

     Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

    A RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023 regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en institutos de educación secundaria.
    O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado polo alumno/a ou familia.
    O prazo para presentar o compromiso individual na administración do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.

Día non lectivo

      O vindeiro venres, 13 de outubro, non será lectivo no IES Sofía Casanova, polo que non haberá clase.

Reunións entre as familias e os titores.

 

 

   Comunícase que o vindeiro luns, día 9 de outubro, terá lugar a reunión das familias co titor/a co seguinte horario: 

   Ás 16:30 h familias de alumnado de 1º e 2º de bacharelato

   Ás 17.00 h familias de alumnado da 3º e 4º da ESO

   Ás 17:30 h familias de alumnado da 1º e 2º da ESO

Inicio do curso 2023-2024

  

     As clases comezarán luns día 11 co horario habitual (08:30 -14:10 h).

    Á chegada ao centro, o alumnado deberá dirixirse aos seguintes puntos, onde será recibido polo seu titor/a que o acompañará a súa aula:

      1º ESO e 1º Bacharelato - salón de actos

      2º ESO - patio da cafetería

      3º e 4º ESO – pista polideportiva

      2º Bacharelato – 2º andar

Resolución do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova

   

 A gañadora do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova é Lara Freire Escribano, que cursou no 2022/23 1º C ESO. Tedes aquí a súa obra.
Esperamos que o próximo curso aínda máis alumnado se anime a participar.
Desfrutade das vacacións!

Entrega de diplomas do bacharelato de excelencia STEMBach 2023

   

   Os días 9 e 15 de xuño de 2023, o reitorado das tres universidades galegas UVigo, USC e UDC acollerán os actos de entrega dos diplomas de STEMBach ao alumnado do Sofía Casanova que participou nos proxectos de investigación STEMBach correspondentes ao bienio 2021/23.
    Alumnado participante que recicbíu os diplomas: Andrea Rodríguez Guzmán e Esperanza Díaz Suárez (UVigo), Irene Navidad Chas (USC) e Sofía Cendán Amado, Federico González Fernández, David Feijoo Villar, Pablo Santalla Castro e Alba Fernández Vázquez (UDC). Profesoras acompañantes Cecilia García Cordero e Cristina López Suárez.

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 22-23

       Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 22-23 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e diversos contidos coreográficos como o Just-Dance dos recreos dos venres.
Distribuir contido


by Dr. Radut