Skip to Content

MATEXPO no Sofía Casanova

 

   Dende o 12 de xaneiro e ata o 26, podemos disfrutar no hall do salón de actos dunha exposición itinerante da Fundación Barrié que trae ao noso centro o departamento de matemáticas.

    A exposición está formada por 6 tótems verticais cuadrangulares (24 caras). Neles podedes ver as 46 mellores obras do concurso (entre fotografías matemáticas e esopías) en formato A3 plastificado co seus respectivos carteis descriptivos.

    Animádevos a preguntar ao voso profesor de matemáticas para participar no concurso.

   Se queredes máis información visitade: http://mateblog.educabarrie.org

Acto de entrega do premio "Ferrolán do Ano" para o Sofía Casanova

   

    O 7 de xaneiro, festividade de San Xiao, celebrouse un programa de actos no que se entregou a este centro o distintivo de Ferrolán do Ano.

    Ese programa de actos comenzou ás 11:00 da mañá cunha misa na concatedral de san Xiao en honra do patrón de Ferrol. Paralelamente, o noso antigo director, Juan Silvar, falaba en Radio Voz, en representación do instituto.

Ás 12:00, no Teatro Jofre  (Ver fotos), a Corporación Municipal de Ferrol recibiu á Corporación Municipal de Lugo, ós directores e directoras da Compañía de María, IES Sofía Casanova, CEIP Recimil, CEIP Masdías, CEIP San Xoán, así como ós representantes do Club de Prensa, Escola de Hostelería da Armada e Colexio de Arquitectos-Delegación de Ferrol.

O Sofía Casanova, "Ferrolán do Ano"

 

     O IES Sofía Casanova acaba de ser distinguido co premio "Ferrolán do ano"  distinción que comparte cos colexios Recimil, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Compañía de María.

    A corporación municipal ó cenceder o premio destaca ó Sofía Casanova como  «exemplo de esforzo e dedicación na formación de tantas xeracións de ferroláns».

    A entrega de premios terá lugar o próximo 7 de xaneiro, ás 12:30, nun acto que o concello celebrará no teatro Jofre coincidindo coa festividade de San Xiao.

Boas Festas!

Homenaxe a profesores do Sofía Casanova

 

    Os profesores Manuel Bilbao, Mariano Durán, Enrique de Francisco, Luís Losada e Mª José Rodríguez recibiron unha homenaxe dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación.

    Os seus alumnos, aló onde estén, levan a pegada da súa dedicación e excelencia profesional.

    Os seus compañeiros gardan o afecto que lles teñen e que se foi incrementando cos anos de contacto personal e profesional.

   ¡ Feliz xubilación!

As invasións biolóxicas

 

    O luns 15 de decembro, a profesora da Facultade de Farmacia da USC Inmaculada Romero Buján veu ao noso centro a impartir unha charla sobre "Invasións biolóxicas".

   Iniciou a charla definindo o concepto de invasión biolóxica mediante exemplos. Tamén comentou as vías de introducción destes individuos exóticos mediante especies coñecidas, como o visón americano, para concluír comentando como se realiza o proceso de invasión. Concluíu indicando como está a situación en Galicia en relación á flora exótica invasora, cales son as especies máis comúns mediante o uso de exemplos e que problemas ocasionan.

    Foi unha experiencia moi interesante da que aprendemos moito.

Visita a "Afundación" e "CTB"

   

     Os alumnos de 4º de ESO acompañados polas súas profesora Ángeles Doce e María Lanza, relizaron o xoves 16 de decembro unha visita á exposición "MÚLTIPLE. A ARTE DOMINGO GRAVADO DE PICASSO A BARCELÓ" e realizaron un taller onde practicaron a técnica da Xilografía con linóleo en Afundación.

    No Centro Torrente Ballester (CTB) fixeron unha visita guiada onde lles falaron sobre a historia do edificio e sobre a súa arquitectura, incluíndo o almacén cos fondos de pintura do museo. Ademais visitaron dúas exposicións temporais unha de FAUSTO ISORNA "O CEO DÁS ILUSIÓNS" sobre fotocollage e outra colectiva "ESPAZO PÚBLICO / ESPAZO PRIVADO" sobre imaxe fotográfica e videocreacións.

   Ver fotografías da visita

A volta ao mundo en 80 beléns

 

    Máis ou menos, estes son os que podedes ver nas vitrinas do corredor Patio-Salón de Actos.

    Encontraredes nacementos desde Canadá a Zanzíbar, feitos dos materiais máis diversos (madeira, cerámica, folla de millo, cortiza, cristal, lava...) e de todos os tamaños e formas.

    Unha exposición de arte popular para expresar o Nadal.

Distribuir contido


by Dr. Radut