Skip to Content

Exposición do día internacional da violencia contra a muller

   

    A primeira data que non podiamos deixar de conmemorar este curso 2014-2015 é o día internacional da violencia de contra a muller.

   O martes 25, presentamos unha exposición que recorre todo o centro. Na entrada podedes ver unha figura feminina na que todos os membros do instituto fomos escribindo frases con agarimo para a muller maltratada. No corredor que vai o patio interior, hai unha exposición con carteis de campañas de concienciación contra esta lacra de distintos países. Pensamos que son ben impactantes. Nos corredores da ESO e de 1ª de bacharelato hai información acerca do maltarto entre os noivos. E, en derradeiro lugar, no hall do primeiro andar, hai consellos ás rapazas para detectar a violencia contra a muller e información sobre a orixe da conmemoración deste día.

     Os profesores do IES Sofía Casanova queremos concienciar o noso alumnado contra esta lacra.  Porque concienciar tamén é educar.

Exposición de fungos e cogomelos

   

    Durante estes días, podedes contemplar unha exposición do mundo dos fungos e cogomelos na entrada do instituto.

    A exposición está organizada polos departamentos de ciencias da natureza, educación plástica e visual e polo equipo da biblioteca.

   Como podedes ver nas fotos, na exposición atoparedes variedade de exemplares que foron recopilados polos alumnos e carteis explicativos das variedades que elaboraron os profesores do departamento de ciencias da natureza.

Xornada nas fragas do Eume

    O xoves 19 os alumnos de 4º de ESO fixeron unha andaina polas fragas do eume cos seus profesores Pilar Berrio, María Lanza, Cristina López, Luisa Juana López e Joaquín Rodiles.

   A finalidade desta actividade interdisciplinar entre os departamentos de educación plástica e visual, ciencias da natureza e lingua castelá e literatura foi triple: por unha banda, a recolección de fungos para a exposición que podedes disfrutar na entrada do centro; en segundo lugar pintar a natureza e recoller mostras para o traballo de plástica na aula e, en derradeiro lugar pero non por elo menos importante, tratar de descubrir algún ser fabuloso dos que pobran os libros favoritos de Pilar.

    Foi toda unha experiencia

Visita á central térmica de As Pontes

   

   O martes 25, os alumnos de tecnoloxía industrial de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polas súas profesoras Eva Leira e Beatriz Méndez, visitaron a central de As Pontes.

   Alí puideron observar o funcionamento do ciclo convencional de carbón de 1468 MW de potencia e o ciclo combinado, de gas, de 800 MW.

Visita ao CTB

 

    Os alumnos de 4º de ESO de EPV, acompañados polos profesores María Lanza e Iñaki Tomás, acudiron o venres ao Centro Torrente Ballester para visitar unha exposición de pintura, escultura e gravado do autor coruñés Emilio Celeiro.

    O autor fixo unha visita guiada e amosou unha excelente disposición cos alumnos, polo que lle enviamos a noso agradecemento.

Foto ampliada

Reciclaciencia no Sofía

 

   Os alumnos de ciencias naturais de 2º de ESO construíron cos seus profesores maquetas de diferentes tipos celulares utilizando principalmente materiais reciclados.

   Se vos acercades polo centro, no hall que da acceso ao salón de actos poderedes disfrutar dunha exposición moi interesante con reproducións dun espermatozoide, dun óvulo humano, dunha neurona ou dunha bacteria.

Ver máis.

Contacontos

 

   O 11 de novembro os departamentos de Dinamización da lingua e de Lingua Inglesa organizamos unha actividade de CONTACONTOS.

   Con historias que formulaban intrigantes dilemas e contos de misterio pasamos un tempo divertido coa lingua galega e a lingua inglesa.

   Os alumnos comentaron que as historias resultaran divertidas, románticas, sinistras...

   Estupendo! De cando en vez as clases deben ser así.

“OPS!” O Português Simples no Sofía Casanova

 

    O martes día 4 de novembro tivo lugar no noso IES o obradoiro de portugués “OPS!” O Português Simples dirixido ao alumnado de 4º de ESO.

    Esta actividade organizouna Antía en colaboración coa Associaçom Galega da Língua e tivo como obxectivo amosarlle ao alumnado a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

Distribuir contido


by Dr. Radut