Skip to Content

Exposición de fungos e cogomelos

   

    Durante estes días, podedes contemplar unha exposición do mundo dos fungos e cogomelos na entrada do instituto.

    A exposición está organizada polos departamentos de ciencias da natureza, educación plástica e visual e polo equipo da biblioteca.

   Como podedes ver nas fotos, na exposición atoparedes variedade de exemplares que foron recopilados polos alumnos e carteis explicativos das variedades que elaboraron os profesores do departamento de ciencias da natureza.

Ademais, tamén poderedes ver debuxos feitos polos alumnos en clase de EPV con María Lanza.

Por último, unha presentación de libros que preparou Ana Seco para explicar todas as nosas dúbidas sobre este fascinante mundo dos fungos e os seres que pobran as fragas.



page | by Dr. Radut