Skip to Content

O Sofía Casanova, "Ferrolán do Ano"

 

     O IES Sofía Casanova acaba de ser distinguido co premio "Ferrolán do ano"  distinción que comparte cos colexios Recimil, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Compañía de María.

    A corporación municipal ó cenceder o premio destaca ó Sofía Casanova como  «exemplo de esforzo e dedicación na formación de tantas xeracións de ferroláns».

    A entrega de premios terá lugar o próximo 7 de xaneiro, ás 12:30, nun acto que o concello celebrará no teatro Jofre coincidindo coa festividade de San Xiao.

Boas Festas!

Homenaxe a profesores do Sofía Casanova

 

    Os profesores Manuel Bilbao, Mariano Durán, Enrique de Francisco, Luís Losada e Mª José Rodríguez recibiron unha homenaxe dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación.

    Os seus alumnos, aló onde estén, levan a pegada da súa dedicación e excelencia profesional.

    Os seus compañeiros gardan o afecto que lles teñen e que se foi incrementando cos anos de contacto personal e profesional.

   ¡ Feliz xubilación!

As invasións biolóxicas

 

    O luns 15 de decembro, a profesora da Facultade de Farmacia da USC Inmaculada Romero Buján veu ao noso centro a impartir unha charla sobre "Invasións biolóxicas".

   Iniciou a charla definindo o concepto de invasión biolóxica mediante exemplos. Tamén comentou as vías de introducción destes individuos exóticos mediante especies coñecidas, como o visón americano, para concluír comentando como se realiza o proceso de invasión. Concluíu indicando como está a situación en Galicia en relación á flora exótica invasora, cales son as especies máis comúns mediante o uso de exemplos e que problemas ocasionan.

    Foi unha experiencia moi interesante da que aprendemos moito.

Visita a "Afundación" e "CTB"

   

     Os alumnos de 4º de ESO acompañados polas súas profesora Ángeles Doce e María Lanza, relizaron o xoves 16 de decembro unha visita á exposición "MÚLTIPLE. A ARTE DOMINGO GRAVADO DE PICASSO A BARCELÓ" e realizaron un taller onde practicaron a técnica da Xilografía con linóleo en Afundación.

    No Centro Torrente Ballester (CTB) fixeron unha visita guiada onde lles falaron sobre a historia do edificio e sobre a súa arquitectura, incluíndo o almacén cos fondos de pintura do museo. Ademais visitaron dúas exposicións temporais unha de FAUSTO ISORNA "O CEO DÁS ILUSIÓNS" sobre fotocollage e outra colectiva "ESPAZO PÚBLICO / ESPAZO PRIVADO" sobre imaxe fotográfica e videocreacións.

   Ver fotografías da visita

A volta ao mundo en 80 beléns

 

    Máis ou menos, estes son os que podedes ver nas vitrinas do corredor Patio-Salón de Actos.

    Encontraredes nacementos desde Canadá a Zanzíbar, feitos dos materiais máis diversos (madeira, cerámica, folla de millo, cortiza, cristal, lava...) e de todos os tamaños e formas.

    Unha exposición de arte popular para expresar o Nadal.

Conmemoración do Día Universal dos Dereitos Humanos

 

     O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

    Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose «distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios».

    Por este motivo, a comunidade escolar do IES Sofía Casanova conmemora este día.

Recollida de alimentos para a Cociña Económica

 

     A ANPA do centro e o IES Sofía Casanova colaboran un ano máis coa cociña económica e mais con outras ONG na recollida de alimentos para este Nadal. A partir do próximo martes día 9 de decembro e ata o 19, haberá na entrada do centro un lugar habilitado para a recollida dos mesmos.

    Os alimentos máis demandados son: leite, cacaos solubles, nocilla ou similares, café soluble, mermeladas, galletas, madalenas, cereais, azucre, alimentos infantís (potitos), patés, chocolate, maionesa, conservas (atún, sardiñas, mexillóns…), aceite, turrón de chocolate...

    Tamén son demandados utensilios de hixiene (xabón, xel...)

    Moitas grazas,

Distribuir contido


by Dr. Radut