Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Xornadas de presentación curso 2021-2022

No arquivo pdf adxunto podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021.

As listaxes dos cursos e grupos serán comunicadas a partir do día 14 de setembro.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2021-22

As datas para a formalización da matrícula para o curso 2021_20 son do 1 ao 10 de setembro, no horario de 9:00 a 14:00 horas.


 

Calendario fin de curso ESO, ESA e 1º Bacharelato diúrno e adultos

Publicamos nos ficheiros adxuntos os calendarios de fin de curso para as ensinanzas de ESO, ESA e Bacharelato de diúrno e adultos: último día de clsae, entrega de notas e revisión de exames co profesorado e datas de matrícula.

No calendario da ESA II e ESA IV tamén se publican as datas de exames dos distintos módulos.

Xornadas de Portas Abertas na Universidade de Vigo. 24 e 25 maio 2021

Hoxe luns 24 e mañá martes 25 de maio terán lugar a partir das 16:00 h e en formato virtual (a través do Campus Remoto) as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas, o alumnado terá a oportunidade de escoitar a responsables das facultades e escolas da UVigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.

Horario de exames de 2º Bacharelato Convocatoria Extraordinaria DIÚRNO e ADULTOS

Unha vez feita a avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato de DIÚRNO e ADULTOS; así como a avaliación de materias pendentes de 1º BAC para alumnos de DIÚRNO; e a de materias de 1º BAC para alumnado de ADULTOS. Publicamos o calendario de exames da CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BAC que serán do luns 14 de xuño ao venres 18 de xuño.

NOTA: Consultar tamén o archivo adxunto do Calendario Fin de Curso 2º BAC onde tedes a información completa de fin de curso de 2º BAC (publicado o 19/4/2021).

 

Pago de Taxas título de Bacharel

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato ten que aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O mércores 19 de maio, de 9 a 12 horas, deberase entregar na secretaría do instituto dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

Poden facelo de xeito telemático, a través da páxina da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/.

Cidadáns > Iniciar taxa (cadeado aberto) > Iniciar taxa (desplegables)

Promoción bacharelato 2021

Publicamos as fotos do alumnado de 2º curso de bacharelato do ano académico 2020-21. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

ABAU 2023

 

DATAS ABAU 2023:

          - Convocatoria Ordinaria: 6,7,8 de xuño

          - Convocatoria Extraordinaria: 11,12,13 de xullo

 

O prazo para a solicitude da Adaptación da ABAU para o alumnado con NEAE xa está aberto e remata o 04/02/2023. Tendes toda a información colgada na páxina web do noso IES.

Procolo para a ABAU 2023

 

Publicada na páxina da CIUG ponderacións 2023/24

 

 

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2020/21 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións, expedición de título e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU). Convocatoria ordinaria de matrícula 2021

Xúntase texto da convocatoria ordinaria de matrícula da ABAU deste ano 2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut