Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Notas de corte para o acceso á universidade en Galicia 2020-2021

Notas de corte para o acceso á universidade en Galicia 2020-2021

Video da CiUG sobre cómo se desenvolve a ABAU

Si estás en segundo de bacharelato, bótalle unha ollada o seguinte vídeo da CiUG:

https://youtu.be/6F4UEjuO_VQ

Talleres de Xestión Emocional

Estos días se están desenvolvendo no noso IES Talleres de xestión emocional a través do Programa Eduemociona, en 4º da ESO e 1º de Bach

Calendario de exames de pendentes

Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.

Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.

Detectado erro nun libro de texto

Detectado erro no ISBN do libro de 1º de bacharelato da materia "Historia do mundo contemporáneo".

Xa está correxido e actualizado no documento da páxina web.

Disculpen as molestias.

Instrucións taxas título bacharel e ABAU - SETEMBRO 2020

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir e a documentación necesaria para a expedición do título de Bacharelato e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. O día para realizar o pagamento das taxas é o xoves 3 de setembro. Unha vez realizado o pagamento e cuberto o impreso de matrícula da ABAU estregaranse as copias correspondentes na secretaría do instituto o venres 4 de setembro, en horario de 9:00 a 13:00.

Convocados os Premios extraordinarios de Bacharelato

Hoxe 22 de xullo publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2019/2020.

Poderá obtar a eles o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2019/2020 cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75.

O prazo para solicitalo remata o 24 de agosto.

Información importante para a preinscripción na Universidade na aplicación Nerta

Na páxina web de futuros estudantes da Universidade de A Coruña podedes consultar toda a información relativa ás ABAU, á preinscripción e á aplicación NERTA:

Alumno de 2º de bacharelato en cuarentena, negativo na proba

Poñemos en comunicación das familias e alumnado de 2º de bacharelato que un alumno do IES Santa Irene atópase en cuarentena desde hoxe mércores a primeira hora da tarde, tras dar positivo en COVID19 un familiar non convivinte co que o alumno non tivo contacto directo. Os resultados das probas que lle foron realizadas a toda a familia coñeceranse nas vindeiras 24 horas: NEGATIVO (confirmado o xoves ás 8:30 horas).

O alumno, que estaba realizando as probas ABAU, non puido presentarse aos exames da parte voluntaria por mor da cuarentena.

Lugar de celebración ABAU xullo 2020

O alumnado do IES Santa Irene (diurno e adultos) realizará os exames das ABAU no FRONTÓN do pavillón municipal das Travesas, agás o alumnado con NNEE que os realizará no IES San Tomé do Freixeiro. Non esquezades levar DNI, resgardo da matrícula e xustificante de pago.

A entrada será pola rúa Cesáreo González, entre 9:00 e 9:20 horas.

Nos documentos adxuntos podedes ver un plano de situación e ler tamén información referente ás medidas específicas derivadas da COVID-19.

Distribuir contido


by Dr. Radut