Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Información ABAU 2020

Xa podedes consultar nos arquivos adxuntos e na web da CIUG información sobre a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

Páxina web da CIUG

Modelos de exames ABAU 2020

Xa podedes consultar na paxina da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) os modelos de exames para as probas ABAU que, se non hai cambios, celebraranse os días 7, 8 e 9 de xullo. Facilitamos o enlace aos modelos.

Modelos dos exames

Cambio de datas da viaxe a Londres

Segundo as medidas enviadas pola Consellería de Educación o día 12 de marzo, “suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado”.

Por este motivo, a viaxe a Londres prevista do 31 de marzo ao 4 de abril co alumnado de 1º de bacharelato queda adiada para o mes de setembro de 2020 (datas probables do 15 ao 19 de setembro).

Horario de exames de 2º Bacharelato Convocatoria extraordinaria e de pendentes de 1º Bacharelato

Xúntase horario de exames de diúrno da convocatoria extraordinaria de 2º de BACHARELATO de xuño que serán, o venres 14, para alumnos de 2º de Bacharelato con pendentes de 1º; e o luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20 de xuño de 2019 para as materias de 2º.

NOTA: Consultar tamén Calendario Fin de Curso 2º BAC (publicado o 14/5/2019).

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Festa de despedida de bacharelato 2019

Publicamos as fotos da festa de despedida do alumndo de 2º curso de bacharelato do ano 2018-19. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

Promoción bacharelato 2019

Publicamos as fotos do alumnado de 2º curso de bacharelato do ano académico 2018-19. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

Información ABAU 2019

Nesta presentación tedes toda a información sobre as probas ABAU de xuño e xullo de 2019.

Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 11 de abril, publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que obtivera unha nota media de bacharelato igual ou superior a 8,75 e cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.

O prazo de presentación comezou o pasado día 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Horario xuño 2019 de exames de 2º Bacharelato diúrno e pendentes 1º Bac, convocatoria extraordinaria:

Distribuir contido


by Dr. Radut