Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2023-2024

O día 1 de marzo de 2023 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Calendario das ABAU 2023

Calendario da Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2023 nas convocatorias ordinaria e extraordinaria.

Charlas de orientación académica 2023

Horarios ABAU 2023

Publicados en documentos adxuntos os horarios das probas ABAU 2023.

Real Decreto de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024

Publicado o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renta e patrimonio familiar e as cuantías de bolsas e axudas para o curso 2023-2024.

Acceso ao Real Decreto premendo aquí

Instrucións sobre aspectos organizativos da proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Publicada a Resolución do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.

Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.

Máis información: prema aquí

Convocatoria de bolsas para inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023.

Mais información premendo aquí

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (Axudasle)

Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Mais información premendo aquí

Entrega de cualificacións 2ª avaliación (Diúrno)

Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Listaxe provisional de alumnado proposto e taxas de exame (Francés e Inglés)

A listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicaranse no taboleiro do IES Santa Irene o martes, día 10 de xaneiro de 2023. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

Distribuir contido


by Dr. Radut