Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Listaxe definitiva de admitidos e instrucións de matrícula para o curso 2015-16

Listaxe definitiva de admitidos e instrucións de matrícula, curso 2015-2016

Convocatoria Estalmat

Convocáronse as probas de detección de alumnado con talento matemático de Galicia.

Alumnado ao que van dirixidas: nacidos nos anos 2002 ou 2003

Día da proba: sábado 6 de xuño de 2015

Inscrición: electronicamente na páxina http://www.estalmatgalicia.com ;ou, enviando o formalario que hai na devandita páxina por correo postal ou fax á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos (curso 2015-2016)

No seguinte documento adxunto, pódese consultar a listaxe provisional do alumnado admitido ou non para o curso 2015-2016.

Relación definitiva de admitidos nas probas libres da ESO - maio 2015

Relación definitiva de admitidos nas probas libres da ESO. Maio 2015

Resolución da I edición do English Photo Contest

O xurado do English Photo Contest, en vista de que ningunha das fotografías presentadas ten a suficiente calidade, decidiu deixar deserto o primeiro premio e outorgar só os premios segundo e terceiro, dotados con tarxetas regalo por importe de 30 € e 20 € respectivamente. As fotografías enviadas sen metadatos foron excluídas das deliberacións.

Relación provisional de admitidos nas probas libres de ESO (maio 2015)

Figura en arquivo anexo a Relación do alumnado admitido nas probas Libres de ESO en Maio de 2015.

Alumnado excluído:

  • Luís Tombo Ferreiro (está matriculado en 2º curso de PCPI).

Convocatoria do programa Vigo en Inglés 2015

O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

O prazo de presentación das solicitudes será do 6 ao 17 de abril, ambos inclusive. Máis información en: http://vigoeningles.org/

Convócanse bolsas para cursos de verán de inglés en España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes bolseiros de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Enseñanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado para o mes de xullo de 2015. Máis información: http://bit.ly/1ETtwhg

Convócanse axudas para cursos de verán de inglés en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para alumnado de ESO e bacharelato para realizar cursos de inglés en Galicia no verán do 2015. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 16 de abril. Máis información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Exame de pendentes TIC - adultos

Convocase al alumnado de adultos coa materia de TIC pendiente al examen que terá lugar o vindeiro 21de abril (martes) ás 16:10 na aula de informática do soto.

Recomendase aos alumnos implicados que falen canto antes con xefe do departamento de Tecnoloxía.



by Dr. Radut