Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Plazo extraordinario de matrícula para cursar ESO en adultos

Desde o 8 ata o 15 de xaneiro de 2016 está aberto o plazo extraordinario de inscrición e matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro que desexe cursar Educación Secundaria para adultos no segundo cuadrimestre.

Cesta de Nadal

No sortedo da cesta de Nadal doada pola Asociación de Comerciantes das Travesas resultou agraciada dona Beatriz Valeije Álvarez. Noraboa!!

Vacacións de Nadal

Con motivo das vacacións de Nadal, as clases rematarán o venres 18 de decembro ás 12:20 horas, coa entrega de notas.

Como nova importante, o primeiro día de clase despois das vacacións será o xoves 7 de xaneiro.

Aviso: Exames de pendentes de plástica e debuxo técnico

Os exames de pendentes de plástica e debuxo técnico que ían ter lugar o vindeiro 14 de decembro queda aprazados ata novo aviso.

Día non lectivo

Lembramos que o vindeiro luns día 7 de decembro NON HAI CLASE, por ser un dos dous días non lectivos escollidos polo centro para o presente curso.

Cinco minutos de silencio

O conxunto da comunidade educativa presente esta maña no instituto participou ás 12:15 horas, cun comportamento exemplar, nos cinco minutos de silencio convocados en repulsa polos atentados de París.

Nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar

Ven de saír unha nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Ligazón ao texto da convocatoria.

Inauguración do Blog de Normalización Lingüística

Dámosvos a todos a benvida ao noso Blog de Normalización Lingüística. Para empezar, podedes consultar a nosa páxina sobre a Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Premios nacionais no ensino non universitario correspondentes ao ano 2015

Convocáronse os premios nacionais de educación no ensino non universtario correspondentes ao ano 2015 na categoría de rendemento académico do alumnado. Ligazón á convocatoria aquí.

Premios nacionais no ensino non universitario correspondentes ao ano 2015

Convocáronse os premios nacionais de educación no ensino non universtario correspondentes ao ano 2015 na categoría de rendemento académico do alumnado. Ligazón á convocatoria aquí.



by Dr. Radut