Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2016. Listaxes de alumnado seleccionado e suplente

Xúntanse listaxes correspondentes ao disposto no artigo 14.3 da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 28/03/2016), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 14.2 desta Orde de convocatoria.

Premios acadados polo IES Santa Irene

No certame "Cooperativismo no ensino 2016" o IES Santa Irene acadou os seguintes premios:

  • Categoría E (1º ciclo de ESO): PREMIO AO MELLOR TRABALLO

"A auga no espazo e no tempo", realizado por alumnos de 1º de ESO, e dirixido polas profesoras Inma Peniza e Nieves Velázquez.

Concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Santa Irene

Convócase concurso público para a xestión da cafetería do IES Santa Irene. O prazo para a presentación das propostas é do 2 ao 15 de xullo, ambos incluidos. A información, especificacións técnicas e instruccións da Consellería se atopan no documento adxunto.

AVISO URXENTE - Premios extraordinarios de bacharelato 2015-2016

MOI IMPORTANTE

Na comunicación enviada pola Consellería figura un erro na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes para participar na convocatoria dos  premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016. Por tal motivo, comunícase que o prazo de presentación de solicitudes para participar neses premios remata o día 2 de xuño de 2016.

Vacantes ESA curso 2016-17

Adxúntase relación das vacantes da ESA para o vindeiro curso 2016-17.

Selectividade 2016

Adxúntase documento pdf con inforomación relativa á selectividade deste curso.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2015-16

Adxúntase convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato para o presente curso, así como un resumo da mesma.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xuño.

Probas libres ESO maio 2016 - Lugar de realización das probas

As probas libres da ESO para o alumnado que se matriculou no IES Santa Irene terán lugar no IES República Oriental do Uruguai (Rúa Coutadas, 54, 36207 Vigo), ás 8:30 horas do vindeiro 27 de maio.

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2016-17

No DOG do 16 de maio de 2016 publicouse a orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 23 de xuño.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016 - Publicación de listaxes

Publicáronse listaxes de solicitudes admitidas, que precisan emendas e excluídas.

Pódense consultar na web do programa http://www.edu.xunta.es/axudasle



by Dr. Radut