Proxecto Lector

Proxecto Lector 2018-2019

PROXECTO LECTOR DO I.E.S. “SAN PAIO” 18-19

Limiar.-

    A praxe docente diaria detecta unha serie de eivas que aconsellan incidir na potenciación dos hábitos de lectura e escritura.

    Atopamos alumnos, sobre todo nos primeiros cursos da ESO, cunha mecánica lectora e da escrita moi frouxa: pouca velocidade, falta de ritmo e entoación, silabación, omisión da acentuación e da puntuación, faltas de ortografía, defectos na pronunciación e/ou articulación...

    Outro grupo de alumnado, cun aceptable nivel de lectura e escritura mecánica, mostra dificultades de comprensión (por pobreza de léxico, falta de concentración, dificultades de expresión, construcións anacolúticas, mestura de linguas...) sendo incapaz de redactar ou de transmitir coas súas propias verbas contidos básicos de xeito coherente e intelixible.

    Todo isto provoca, en último extremo, desinterese e fracaso escolar.

    Cómpre contrarrestar a competencia e as facilidades ofertadas por outras fontes de información promovendo accións que subliñen os aspectos formativos, enriquecedores, lúdicos e divertidos da lectura sen obviar os atrancos que debemos vencer.

    Como educadores non podemos limitarnos só ao ensino das técnicas para “saber ler”, é hora de dar o salto cualitativo ao “querer ler”, tarefa que debe ocupar a toda a comunidade educativa (alumnado, pais/nais e profesorado).

    Temos que ser modelos de profesores-lectores. Hai que facer lecturas compartidas. Cómpre familiarizarse cos libros, que a nosa circunstancia sexan os libros.


Finalidade.-

    Pasar do “saber ler” ao “querer ler”, fomentar o hábito e o pracer lector e contribuír a mellorar as capacidades leito-escritoras e as competencias lingüísticas, coordinando as accións do profesorado reforzadas coa colaboración activa dos demais membros da comunidade escolar é a finalidade que se propón o presente plan orientado ao logro dos seguintes


Obxectivos.-

1.  Desenvolver as competencias básicas para a lectura, materia transversal de todas as áreas do currículo e ferramenta imprescindible para a aprendizaxe de todas as materias. A tal efecto utilizaremos textos continuos (narración, argumentación, descrición...) e descontinuos (impresos, mapas, táboas...), practicaremos a lectura en códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e con textos literarios, técnicos e funcionais, de diferentes formas (silenciosa, individual, colectiva...)

2.  Potenciar as ferramentas lectoras (habilidades mecánicas, comprensivas e léxicas)

3.  Relacionar a lectura coa escritura (expresión escrita, ortografía, técnicas de presentación, vocabulario) e a expresión oral.

4.  Propiciar a relación íntima e persoal do alumnado co libro.

5.  Descubrir a sensibilidade literaria do alumnado.

6.  Potenciar o uso da biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe de todos os membros da comunidade educativa.

7.  Implicar ao profesorado para que dea prioridade ao desenvolvemento das habilidades lectoras en todas as áreas do currículo e participe de maneira activa no plan lector. Para iso cómpre un programa coordinado que recolla os acordos ao respecto consensuados. Os Departamentos deseñarán e orientarán as tarefas a realizar nos distintos grupos e niveis.

8.  Favorecer a comprensión lectora mediante técnicas de traballo persoal e colectivo e potenciar o uso dos dicionarios para solventar dúbidas sobre vocabulario descoñecido.

9.  Fomentar o manexo e xestión dos dispositivos electrónicos de lectura.

10.  Converter a comunidade educativa nunha comunidade de lectores.


Intervencións.-

    O proxecto baséase nas seguintes actuacións:

1.    Tempo específico de lectura nas aulas.
        1. 1.    Programación de lecturas anuais.

2.     Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao proxecto lector.

3.     Dinamización da biblioteca do Centro.

4.    Actividades extraordinarias de estimulación e fomento da lectura e o mundo dos libros.

       Comentamos cada unha destas actuacións:

1.  Tempo específico de lectura nas aulas: sesións de trinta minutos semanais dende o venres 5 de outubro de 2018 ata o mércores 29 de maio de 2019.

DÍA

DATA

HORA

AVALIACIÓN

VENRES

05/10/18

2ª (9.35-10.05)

1ª AVALIACIÓN

19/10/18

3ª (10.45-11.15)

26/10/18

4ª (11.35-12.05)

09/11/18

5ª (12.45-13.15)

16/11/18

6ª (13.35-14.05)

 

LUNS

19/11/18

1ª (8.45-9.15)

17/12/18

2ª (9.35-10.05)

2ª AVALIACIÓN

14/01/19

3ª (10.45-11.15)

21/01/19

4ª (11.35-12.05)

28/01/19

5ª (12.45-13.15)

04/02/19

6ª (13.35-14.05)

11/02/19

7ª (16.20-16.50)

18/02/19

8ª (17.10-17.40)

MARTES

26/03/19

1ª (8.45-9.15)

3ª AVALIACIÓN

02/04/19

2ª (9.35-10.05)

09/04/19

3ª (10.45-11.15)

16/04/19

4ª (11.35-12.05)

30/04/19

5ª (12.45-13.15)

07/05/19

6ª (13.35-14.05)

MÉRCORES

15/05/19

1ª (8.45-9.15)

22/05/19

2ª (9.35-10.05)

29/05/19

3ª (10.45-11.15)

      Acordamos suprimir a actividade ao remate de cada trimestre durante os períodos de exames finais de cada avaliación.


    1.1.    Programación de lecturas anuais.

    Para o tempo específico semanal común de lectura nas aulas, no presente ano, optamos pola lectura libre, individual e silenciosa (mais non se descarta a práctica de lectura en voz alta, sobre todo nos primeiros cursos da ESO) de materiais aportados polo alumnado e profesorado (ben propios ou ben prestados pola biblioteca que tamén aporta fondos a aqueles alumnos que, por esquecemento ou apatía, non os traen das súas casas nin os solicitan previamente. As obras máis demandadas son as de literatura xuvenil, novidades, biografías, divulgación científica e banda deseñada. 

    Quedan excluídos como material de lectura os apuntamentos de clase e os libros de texto. Admítense as lecturas obrigatorias e/ou voluntarias establecidas polos distintos departamentos didácticos nos seus respectivos plans anuais de lectura.

  
2. Implicación dos diversos departamentos didácticos e as súas contribucións ao proxecto lector.

     Ás lecturas citadas no apartado anterior cómpre engadir as que ofertan os distintos departamentos, recollidas nos correspondentes proxectos didácticos e adaptadas aos distintos contidos, materias e niveis.

   Estes mesmos departamentos colaboran no proxecto lector con actividades específicas deseñadas para interpretar mapas, planos, estatísticas, gráficos, impresos, recibos, táboas, manuais técnicos... e para capacitar na lectura de códigos diversos (verbais, icónicos, sonoros...) e no uso racional e didáctico das novas tecnoloxías.


    As intervencións dos apartados 3 e 4 aparecen recollidas nas liñas prioritarias de actuación da biblioteca para o presente curso presentadas ao claustsro e aprobadas polo Consello Escolar para solicitar a continuidade do noso centro no PLAMBE.



Avaliación.-

    Cómpre avaliar as diversas accións do plan lector para establecer as medidas correctoras e os cambios necesarios de cara a próximos cursos e así mantelo vivo.

    A ferramenta de referencia máis completa neste apartado é Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes? A modo de resumo, os indicadores que máis temos en conta no proceso de autoavaliación son os tres seguintes:

  • Enquisas anónimas entre alumnado e profesorado sobre o desenvolvemento e grao de satisfacción ao remate das principais actividades e por trimestres.
  • Índices de lectura (préstamos, movemento de fondos...) e  de asistencia (presencia de usuarios nos tempos de lecer e no horario de clase, actividades lectivas, complementarias ou extraescolares que se desenvolven na biblioteca...) e  de participación nas diversas actuacións promovidas dende a biblioteca (concursos...)
  • Percepción da evolución nas capacidades do alumnado: competencias leito-escritoras,  autonomía da aprendizaxe,  elaboración de traballos... a partir dos datos ofrecidos polo profesorado e titores dos distintos grupos.

    A máis do seguimento que os departamentos fan pola súa conta, suxerimos as seguintes fichas de avaliación para coñecer en que medida se acadan os obxectivos proxectados e se incrementan as capacidades e competencias leito-escritoras do noso alumnado.


FICHA INDIVIDUAL DO/A ALUMNO/A
(cumprimentarase con carácter anónimo ao rematar cada lectura)

TÍTULO DA LECTURA/ACTIVIDADE:………………………………………………………………… AUTOR……………………………………………………………………………………...................................................
TIPO DE TEXTO (Literario, icónico, técnico…) TEMA (máximo 3 liñas).
TEMPO DE LECTURA (páxinas por sesión)

VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva)

SUXESTIÓNS:……………………………………………………………………………..............................


FICHA DO/A PROFESOR/A


DÍA…………………………..…………..CURSO………………….…GRUPO………................................... PROFESOR/A ENCARGADO/A………………………………………………………...........................Nº.................... LECTORES/AS/ PARTICIPANTES……………………….................................................................................................... INCIDENCIAS…………………………………………………………………………….................................................................
VALORACIÓN DA LECTURA / ACTIVIDADE (1-Moi negativa, 2- Pouco útil, 3-4 Bastante aproveitable 5-Moi positiva)

SUXESTIÓNS:………………………………………………………………………….................................................................


FICHA GLOBAL DA ACTIVIDADE

ACTIVIDADE OU TAREFA REALIZADA
GRAO DE SATISFACCIÓN
VALORACIÓN GLOBAL
FACTORES DINAMIZADORES
FACTORES RETARDATARIOS      
IMPLICACIÓN   DO PROFESORADO
IMPLICACIÓN   DO ALUMNADO
PROPOSTAS   DE MELLORA
OUTRAS SUXESTIÓNS



ANEXO: LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN CURSO 2018-2019

1.- Limiar

 O IES “San Paio” procurará consolidar o papel da biblioteca como un dos eixos do centro, mantendo moitas das actividades que xa se veñen desenvolvendo nestes últimos cursos e potenciando algunhas outras practicadas de xeito insatisfactorio ou de novo cuño.

 

2.- Organización e xestión, configuración da biblioteca como “laboratorio creativo de aprendizaxes”

  • Consolidar o horario deste curso e reforzalo, de ser posible, no período comprendido entre o final das clases de 2º BAC e o inicio das ABAU para facilitar o estudo do alumnado que remata a súa andaina formativa no centro.
  • Continuar a colaboración coa sección da EOI de Vigo para optimizar o uso compartido de fondos e local no horario de ámbalas dúas institucións.

  • Seguir difundindo os protocolos de actuacións para guiar o traballo dos novos membros e colaboradores do grupo de biblioteca.

  • Potenciar a figura do alumnado-colaborador, que no último curso diminuíu.

  • Primar ás suxestións feitas polo alumnado para adquisición fondos.

  • Reiterar o necesario compromiso de todos os departamentos a prol da biblioteca

  • Optimizar o espazo da biblioteca para dar maior visibilidade e facilitar unha mellor accesibilidade aos fondos máis recentes e de maior circulación, redistribuíndo aqueles que teñen un período de inactividade de 6 cursos ou máis.

  • Habilitar un pequeno recuncho como espazo creativo para producións audiovisuais, obradoiros formativos e laboratorio de letras e imaxes (punto de experimentación e encontro sobre a lectura)

  • Dotar de máis mobiliario os puntos de lectura informal e de exposición de materiais fóra do propio recinto bibliotecario.

  • Actualizar os recursos e medios informáticos permitindo neles o acceso a novos programas e aplicacións. Posible adquisición dunha impresora 3D.

  • Incrementar a implicación, responsabilidade e autonomía do alumando na xestión e promoción dos recursos, actividades e plataformas ao servizo da biblioteca.

  • Potenciar as aprendizaxes (autodidactas e compartidas) mediante a realización de xogos de escapismo e breakout na biblioteca e a partir dos seus recursos.

 

 3.- Dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado

  •  Proseguir dotando de recursos e actividades a materias como estratexias de aprendizaxe e comunicación, oratoria oucomentario e análise de textos.
  • Discriminar de xeito positivo a participación do alumnado nos distintos espazos virtuais da biblioteca e do club de lectura. Crear un perfil de biblioteca en instagram (xa proposto nas pasadas liñas de actuación)

  • Manter a publicación de guías de recursos bibliográficos e fílmicos para a confección de traballos, conmemoracións...

  • Permanencia e actualización das bibliomaletas (temáticas, por niveis, de aula...)

  • Sesións divulgativas e prácticas con titores, profesorado e alumnado sobre os recursos materiais e virtuais da biblioteca.

  • Continuar con actividades específicas de animación e promoción da lectura, da escritura, de pequenas investigacións...

  • Reforzar o Proxecto Lector.

 

 4.- Formación de usuarios, competencia informacionale dixital

 Actividades,moitas delas incardinadasdentro do plan de acción titorial,con especial atención para os novos membros da comunidade educativa.

  •  Sesións de docencia e práctica para elaboración de traballos en formatos impreso e dixital.
  • Sesións de coñecemento da biblioteca, da CDU, de busca de información en soporte impreso (directa e inversa) e virtual.
  • Divulgación, aproveitando as titorías, dos recursos ofertados polo programa MEIGA.

  • Novos formatos de lectura: promoción dos e-readers e das tabletas.

  • Orientacións para navegar con seguridade, racionalidade e fiabilidade pola rede.

  • Continuacióndo proxecto de formación do profesorado no centro integrando nel un novo grupo de traballo ou seminario permanente de biblioteca.

  • Visita e coñecemento da biblioteca pública municipal e doutras.

 

 5.- Fomento da Lectura e Proxecto Lector de Centro

  •  Como centro piloto do proxecto ELBE.2, dar publicidade do mesmo e acudir aos seus recursos para traballar propostas de lectura colectiva, dun xeito especial, entre o alumnado con necesidades educativos especiais.
  • Publicidade de efemérides relacionadas co mundo do libro e da lectura.

  • Incentivar ao alumnado na realización de recensións de actividades e lecturas.

  • Concursos (de textos de amor, haikus, microrrelatos de medo...)

  • Continuación do Biblioxornal, con novas da biblioteca, guías de lectura, cine, música...

  • A poesía e o libro do mes.

  • Club de Lectura “Pedra do Acordo”

  • Literatura e sétima arte: lectura de obras e proxección de películas baseadas nelas.

  • A letra con música entra”: elaboración de listas de reprodución de vídeos musicais e breves audicións e recitacións coincidindo con distintas efemérides e conmemoracións.

  • Visitas ao centro de escritores, recitadores, ilustradores, cineastas, contacontos...

  • Publicidade e participación en diversas actividades culturais programadas ao longo do ano pola biblioteca municipal e/ou asociacións culturais.

  • Rutas literarias: por Tui e bisbarra e tamén aproveitando as viaxes didácticas.

  • Proxecto Lector: teimaremos no fortalecemento das actividades de capacitación lectora propias de todos os departamentos nas súas horas de docencia, na utilidade da lectura na vida diaria e na lectura colectiva en novos soportes.

 

 6.- Cara unha biblioteca inclusiva

  • Cooperación á compensación das desigualdades socio-educativas prestando especial atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, inadaptación, en risco de exclusión social...
  • Colaboración co departamento de orientación, a pedagoga terapeuta e as titorías na adquisición de estratexias e materiais para este tipo de alumnado máis vulnerábel, coa finalidade de que sexa quen de acadar uns resultados satisfactorios tanto no ámbito escolar como vital, unha vez feitas as necesarias intervencións en función dos seus distintos ritmos de aprendizaxe e características particulares.
  • Especial seguimento e discriminación positiva deste alumnado para a súa integración nas actividades bibliotecarias (voluntariado, grupos do club de lectura...) como un mecanismo máis da súa socialización.

 

7.- Outras actuacións

  •  "Coñece a túa nova biblioteca": xornadas de portas abertas para o alumnado do último curso dos colexios de primaria adscritos (maio-xuño).
  • As bibliotecas da fronteira”: potenciar actividades comúns co resto das bibliotecas do concello e do país veciño (escolares e municipais): de xeito primordial potenciación do Tui Le no seu décimo aniversario.

  • Actividades conxuntas con outras bibliotecas escolares de fóra da nosa bisbarra.

  • Manter a participación nas actividades conmemorativas e festivas comúns que se desenvolvan no centro, promovendo un equipo de traballo colaborativo, transversal e multidisciplinar.

  • Relación coa escola infantil próxima (celebracións conxuntas poético-musicais, pequenas dramatizacións, apadriñamentos, kamishibais, sesións de contacontos...) e coas residencias da terceira idade.

  • Probar dinámicas de ludificación para motivar e reforzar a participación e compromiso coa biblioteca e as súas actividades.

  • Promover a realización de booktrailers e botar a andar un canal de booktubers (xa previsto no último curso) para publicitar e incentivar hábitos e gustos lectores.

Tempo específico semanal de lectura nas aulas curso 2009-10

 

Comezamos na primeira semana de novembro aumentando o tempo a trinta minutos e mantendo a estrutura e filosofía do pasado curso.

De xeito progresivo e nos niveis superiores tentaremos ensaiar a lectura en voz baixa e de materiais aportados polos propios alumnos (que non poderán ser as lecturas que con carácter obrigatorio programan os distintos departamentos didácticos)

As lecturas coas que arrancamos (en voz alta e comúns) serán:

 

  • 1º ESO A, C, E: La máquina maravillosa de Elvira Menéndez. 
  • 1º ESO B, D: El fantasma del valle de Alen C. McLean.
  • 2º ESO A, C: A cidade maldita de Xelucho Abella Chouciño.
  • 2º ESO B; D: As bruxas de Roald Dahl.
  • 2º ESO E: Movida na biblioteca de Josep Gregori.
  • 3º ESO A, C: Los enigmas de Leonardo de Marisol Ortiz de Zárate.
  • 3º ESO B, D: El oro de los sueños de José María Merino.
  • 3º ESO E: ¡Shhh... Esos muertos, que se callen! de Miguel Ángel Mendo.
  • 4º ESO A, B, C: Fortunato de Trasmundi de Darío Xohán Cabana.
  • 4º ESO D: Das novas cousas de Ramón Lamote de Paco Martín.
  • 1º BAC A, B, C, D: La mujer en los textos literarios (ed.de Carmen Servén Diez e alii)
  • 2º BAC A, B, D: Rebeldes de Susan E. Hinton.
  • 2º BAC C: A compañía clandestina de contrapublicidade de Marilar Aleixandre.

O noso Proxecto Lector

O equipo de biblioteca organizou e supervisou o proxecto lector de centro partindo das observacións e suxestións recollidas trala experimentación feita no último trimestre do curso pasado e despois dos debates e posta en común previa efectuada tanto na CCP como no claustro.

Correspondeu aos distintos departamentos desenvolver as accións concretas para mellorar as capacidades lectoras nas respectivas áreas.

A tarefa principal da biblioteca consistiu en proporcionar recursos, artellar, supervisar e avaliar a actividade máis visible do proxecto: un tempo específico común e universal de lectura nas aulas que consistiu en vinte minutos semanais comezando na primeira hora dos luns e rotando ata rematar na última hora dos mércores, foron un total de vinte sesións de lectura en voz alta (houbo un descanso ao final de cada trimestre durante os períodos de exames finais de cada avaliación) entre os meses de outubro e maio.

As lecturas ofertadas foron as que se recollen abaixo. Tendeuse a ofrecer, sobre todo nos niveis da ESO, narracións de carácter breve ou distribuídas en pequenos capítulos para que nos vinte minutos se acadase un sentido completo e non quedasen textos desconectados dunha semana para outra.

1º ESO

Antoloxía do conto popular galego (ed. de Enrique Harguindey e Maruxa Barrio),

La máquina maravillosa
(Elvira Menéndez),

El fantasma del valle
(Alan C. McLean).

2º ESO

El gato negro (Edgar Allan Poe),

El entierro prematuro
(Edgar Allan Poe),

El caballo de ébano
(Las Mil y una noches),

Das cousas de Ramón Lamote
(Paco Martín),

Das novas cousas de Ramón Lamote
(Paco Martín),

As aventuras de Breogán Folgueira
(Dario Xohán Cabana),

Catapulta
(Alfonso Álvarez Cáccamo)

3º ESO

Antoloxía do conto galego do século XX (ed. de Luis Alonso Girgado),

Movida na biblioteca
(Josep Gregori),

Los enigmas de Leonardo
(Marisol Ortíz de Zárate)

4º ESO

El clérigo malvado (H.P. Lovecraft),

En la cripta
(H.P. Lovecraft),

La aventura de la casa vacía
(Arthur Conan Doyle),

Perigo vexetal
(Ramón Caride Ogando),

O Pausiñas
(Roque Cameselle,)

Fortunato de Trasmundi
(Darío Xohán Cabana),

Xente no rodicio
(Xosé Neira Vilas),

O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido
(Antón Alonso Ríos)

1º BAC

Corredores de sombra (Agustín Fernández Paz),

La mujer en los textos literarios
(ed. de Carmen Servén e outras).

2º BAC

Platero y yo (Juan Ramón Jíménez),

Retrato en sepia
(Isabel Allende),

Mr. Vértigo
(Paul Auster),

As mulleres na filosofía
(Inés Fernández Buján)

A partir dos comentarios, incidencias, observacións e suxestións efectuadas ao remate de cada sesión e da avaliación final da actividade dedúcese:

 

a) Unha altísima satisfacción do alumnado e profesorado (maioría absoluta de valoracións positivas e moi positivas), propóndose –con certa reiteración- a ampliación do tempo de lectura que, con carácter individual, foi experimentado por algúns profesores.

b) Satisfacción máis matizada no caso das lecturas escollidas. Dificultades de vocabulario ou temáticas pouco axeitadas aos gustos dos adolescentes obrigaron a facer cambios sobre a marcha.

c) Resulta complexo casar e poñer en práctica todas as suxestións e gustos expresados pero, de cara ao vindeiro curso, poderemos avanzar neste camiño se reservamos algunhas xornadas para lecturas de carácter silencioso e libre (que sexan os propios lectores os que poidan traer dos seus fogares as súas lecturas preferidas), ofrecendo a biblioteca un abano de materiais aos que por calquera circunstancia carezan deles.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer