Maio 2019

Xuño 2019

¿Cuándo llegará el verano?alberti

¿Cuándo veré desde tierra,

amor, tu tienda de baños?

 

Vestida, en tu bañador

azul, hundirás el agua,

y saldrás desnuda, amor;

que el mar sabe lo que hace

para que te quiera yo.

 

¡Oh, tu cuerpo, henchido al viento,

desafiando la mar,

desafiando la playa,

la playa, la mar y el cielo! 

in Marinero en tierra de Rafael Alberti (1902-1999)

O poeta pintado por Herminio Molero

 

Preme aquí para escoitar o poema na voz de Nuria Espert.

Xuño 2019

O mundo en que vivín

de

Ilse Losa 

Nesta novela Ilse Losa, considerada a Ana Frank portuguesa, presenta a historia de Rose, unha nena dunha familia xudía, que primeiro vive cos avós nunha pequena vila de Alemaña e portadalogo se traslada cos pais e que ao longo das súas vivencias, baseadas na sinxeleza e na vida cotiá, nos vai amosando como os xudeus acabaron sendo un grupo marxinado na Alemaña do período de entreguerras. 

        Os venres á tardiña e os sábados á mañá, os xudeus ían á sinagoga, mentres os cristiáns veneraban o seu Deus os domingos, na igrexa. A sinagoga, edificio baixo, simple, branco, cunha cupuliña no cume, era de tan pouca aparencia que nin a estrela dourada de David e as letras hebraicas, tamén douradas, por enriba do portal, lle conseguían conferir prestancia. Só os cedros e os piñeiros, esveltos e melancólicos, facían adiviñar algo desa solemnidade misteriosa, un tanto incómoda, mais na fin de contas indispensable a calquera templo de calquera crenza.

(...) O  avó Markus sentaba embaixo, na sección dos homes. A avoa Ester e mais eu subíamos a escaleira para a galería das mulleres. Pregunteille unha vez á avoa por que os homes ficaban separados das mulleres e por que as mulleres non interviñan nas cerimonias máis magníficas. Respondeu que (...) a sinagoga, en tempos moi antigos, fora unha especie de escola onde se ensinaban as leis de deus que se lle lían ao pobo en voz alta. Aínda que agora, en certa medida, se continuase a facer dese xeito, iso xa non tiña a mesma utilidade, pois abondaba con que alguén se tomase a molestia de observar a asistencia para verificar que se escoitaba sen entusiasmo ou ata nin se escoitaba. Á maioría faltáballe a curiosidade e, ademais, quen entendía suficientemente a lingua hebraica? Quen sabía máis do que ler as palabras sen coñecer o seu sentido? No mellor dos casos, as persoas engaiolábanse coa súa música, mais non co seu significado.losa

-Hai séculos, dixo ela, as cousas superiores e importantes eran algo exclusivo dos homes. Nos tempos de hoxe aínda é así. Só os homes son chamados para tomar os rolos da Tora e para ler os textos. Onde se viu algunha vez un rabino ou un cantor de sinagoga con saias? Mais basta. Agora xa sabes por que nós as dúas quedamos aquí enriba, illadas dos homes.

Tirando os sermóns sobre o que era práctico e económico, nunca a avoa me explicara tanta cousa dunha soa vez. E, cousa rara: nas meixelas pálidas xurdíronlle manchas vermellas que facían lembrar...

APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Relixión e da materia de Estratexias de Comunicación, o alumnado de 1º de ESO ven de apadriñar á cativada da Galiña Azul.
Cos seus álbumes ilustrados ás costas e o seu bo facer, o noso alumnado usa os seus recreos para ir ler contos xs máis peques que xs están esperando cos brazos abertos.
Unha experiencia igual de fantástica para os rapaces e rapazas do noso IES como para os nenos e nenas da Escola Infantil. Unha simbiose perfecta.

 

COMIC-CON MOAÑA 19

Outro ano máis o noso Club de Manga e Anime "Tuitaku" ven de participar na Comic-con de Moaña. Esta vez da nosa man estivo o xogo de Escape Room que xa tanto éxito tivera na quedada do noso IES alá por febreiro e que nos pediron que o levásemos a Moaña. Outro éxito grazas ao traballo, dedicación e esforzo de Antón, Carmen, Yasmim, Celia, Alba, Julia, Diego e Antía; encargadxs e responsables do xogo. Ademais de disfrutar das distintas actividades, un bo grupo de socixs participou no concurso de Talentos así como no concurso de debuxo, gañando Olalla o 3º Premio. Queremos agradecer ao profesorado acompañante -Manuel Arnau e David Giráldez- o día que botaron responsabilizándose todo o día do venres na actividade e deixando que o alumnado puidese participar ;)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer