Skip to Content

Conmemoracións

Unha arañeira literaria

Neste ano de xeografías lectoras e de mobilidades restrinxidas, apostamos polas viaxes virtuais e, para facilitalas, creamos este mapamundi literario ligando cidades e países con libros cuxa lectura lévamos a distintos lugares espallados polo amplo mundo; os libros son os puntos de apoio dos fíos desta arañeira que podemos seguir tecendo ao longo dunha vida chea de lecturas. Velaquí o inicio do noso particular google maps literario.

Por algunhas xeografías da literatura galega

En galego polo mundo!

Da África subsahariana ao Pacífico, de Praga a Londres, de Xerusalén á Habana... Unha invitación a circunnavegar o mundo da man de autores e autoras galegos porque en todas partes hai unha galega, un galego. 

Velaquí algunhas lecturas que nos levarán de viaxe polo mundo sen abandonar a nosa lingua.

Únete a nosa singradura e que teñas unha boa viaxe acompañado de bos libros, comodamente instalado na cadeira de brazos do teu fogar! 

Cidades de libro, libros de cidades

Quen dixo que están restrinxidas as viaxes? Vacínate, sen efectos secundarios, con libros que che van permitir percorrer múltiples xeografías, desde as terras que rega o Nilo ata o país do Sol Nacente, desde Australia ata os Estados Unidos. Fai a túa propia volta ao mundo embarcándote en diversas lecturas. Aquí propómosche algunhas: todas as que están son pero hai moitas máis que son pero non están: constrúe o teu particular mapamundi e traza o teu itinerario persoal. Lembra que os libros garanten viaxes totalmente seguras así que Ánimo!: e cando emprendas a túa viaxe pide que o camiño sexa longo, cheo de libros, cheo de experiencias... Felices viaxes, felices lecturas!

Libros e República!

Nove días separan o aniversario da proclamación da Segunda República Española e a celebración anual do Día do Libro.

Hoxe, noventa anos despois do nacemento da malograda Segunda República rescatamos un discurso histórico: o que pronunciou o poeta García Lorca na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, datado no mes de setembro de 1931. Unha proclama que recolle moitas das ideas que sobre a educación en xeral e o libro en particular tiñan as autoridades republicanas.

Aquí tes un monllo de citas deste discurso lorquiano:

    Non só de pan vive o home. Eu, se tivese fame e estivese  desvalido na rúa non pediría un pan; senón que pediría medio pan e un libro. E eu ataco desde aquí violentamente aos que soamente falan de reivindicacións económicas sen nomear xamais as reivindicacións culturais que é o que os pobos piden a berros.

    Libros!, libros! Velaquí unha palabra máxica que equivale a dicir: “amor, amor”, e que debían os pobos pedir como piden pan ou como anhelan a choiva para as súas  sementeiras.

    O libro é sen disputa a obra maior da humanidade.

    O libro deixa de ser un obxecto de cultura duns poucos para converterse nun tremendo factor social.

    E aos que non teñen medios, que acudan a ler, que acudan a cultivar as súas intelixencias como único medio da súa liberación económica e social.

    Moitas veces, un pobo está durmido e un libro pode estremecerlle e inquietarlle e ensinarlle novos horizontes.

    Só a través da cultura pódense resolver os problemas en que hoxe se debate o pobo cheo de fe, pero falto de luz.

    Contra o libro non valen persecucións. Nin os exércitos, nin o ouro, nin as chamas poden contra eles.

    E sabede, desde logo, que os avances sociais e as revolucións fanse con libros (...) que non valen armas nin sangue se as ideas non están ben orientadas e ben dixeridas nas cabezas.

    Se premes aquí tes acceso ao texto íntegro do discurso que tamén foi editado por Kalandraka nas catro linguas do estado español:Libros e República!

DÍA DO LIBRO 2021: RETO #BOOKFACE

#BOOKFACE Challenge na biblioSanPaio.

O equipo da biblioteca segue a traballar con actividades divertidas con todxs vós e aquí vos presentamos un interesante e creativo reto para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2021:

Escolle a portada dun libro + busca un escenario e completa a portada ➡️ tira unha foto‼️

Podedes usar os vosos libros ou coller un dos moitos que vos escollemos e que tendes expostos na Biblioteca.

PARTICIPA! Trae a túa foto á Biblioteca ou cólgaa nas redes sociais con:  #bookfaceSanPaio

Haberá sorpresas! 

 

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

A música das palabras

(mensaxe de Margarita Engle, tradución de María Canosa)

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía de esperanza.

 

Día Mundial do Teatro 2021

A autora da mensaxe desta nova edición do Día Internacional do Teatro (que celebramos o sábado, 27 de marzo) é a actriz británica Helen Mirren, nada en Londres en 1945 e galardoada con múltiples recoñecementos (Óscar, BAFTA, Globo de Ouro ou o Premio do Sindacato de Actores -por citar algúns-)

Velaquí a súa breve pero moi acaída mensaxe para os tempos de pandemia que tamén vive o teatro:

    Este foi un momento moi difícil para as presentacións en vivo e moitos artistas, técnicos/as e artesáns/ás e mulleres loitaron nunha profesión que xa está cargada de inseguridade.

    Quizais esa inseguridade sempre presente fíxolles máis capaces de sobrevivir a esta pandemia con enxeño e coraxe.

   A súa imaxinación xa se traduciu, nestas novas circunstancias, en formas enxeñosas, entretidas e conmovedoras de comunicarse, grazas, por suposto, en gran parte a Internet.

    Os seres humanos contáronse historias durante todo o tempo que estiveron no planeta. A fermosa cultura do teatro vivirá mentres esteamos aquí.

    O impulso creativo de escritores/as, deseñadores/as, bailaríns/as, cantantes, actores/actrices, músicos, directores/as, nunca se sufocará e nun futuro moi próximo florecerá novamente cunha nova enerxía e unha nova comprensión do mundo que todos compartimos.

    Non podo esperar!

Que viva o teatro!

 

Unha xeografía poética

8M- GALERÍA DE FOTOS


8M Galería de fotos

8M- Mulleres pioneiras galegas

mulleres pioneiras galegas ALUMNADO DE 1º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut