Skip to Content
TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA - RURAL OU URBANO?

O noso alumnado da optativa de "oratoria" (3º ESO)  baixo a dirección da súa profesora Cristina Negreira Barcia, veñen de presentarse o "Torneo de Debate Académico de Galicia" organizado pola Fundación Barrié de la Maza na súa Sede de A Coruña. O tema a debater na categoría na que estaban inscritos foi: "Rural ou Urbano? Cal é o entorno máis beneficioso para vivir a adolescencia?". Participación de centros públicos e privados cun nivel moi alto. O noso alumnado encantado de participar e vivir esta experiencia.




SAIDA - CASTRO DE BORNEIRO - DOLMEN DE DOMBATE - IGREXA DE SANTIAGO DE CEREIXO - IGREXA SAN MARTIÑO DE MORAIME

O pasado venres 3 de febreiro o alumnado de 2º da ESO, da man do profesor de Xeografía e Historia Alfonso Rodríguez, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man unha parte importantísima do patrimonio da nosa contorna. Comezamos visitando o Castro de Borneiro e o Dolmen de Dombate onde o alumnado puido facerse unha composición de como vivían os nosos antergos así como a importancia dos enterramentos funerarios. Logo achegámonos a visitar a parte exterior da igresa de Santiago de Cereixo, igrexa románica do século XII onde puidemos observar a famosa "Traslatio". O alumnado tamén pudo disfrutar do paseo polas inmediacións do Castelo de Cereixo e o Muíño de Marea, así como observar o punto de atraque das embarcacións vikingas que invadían a zona. Por último visitamos a igrexa de San Martiño de Moraime onde puidemos observar o impresionante Pórtico de entrada a igrexa que lembra o "Pórtico da Groria" da catedral de Santiago, ainda que en realidade é anterior a el, o Pórtico Sur e as pinturas góticas do interior que representan os sete pecados capitais.




LA CHANDELEUR - OBRADOIRO DE CREPES

Para festexar a "Chandeleur", día da "Candelaria" o Departamento de Francés organizou un obradoiro co alumnado de 3º de elaboración de crepes. O día da Candelaria festexase por varios motivos: nun principio para festexar a fertilidade das terras ante a chegada da fin do inverno. Máis tarde converteuse en festa relixiosa catñolica pero a orixe práctica era a pagana que empregaba o trigo sobrante antes das novas colleitas e a forma circular unha homenaxe  ao esperado e ansiado sol: unha celebración dos días máis longos.




DISCURSHOW (ORBITAMOS) - VICENTE MOHEDANO - NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Este pasado 18 de Novembro o alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño tivemos a sorte de disfrutar no Salón do Voluntariado de Muxía do espectáculo teatral-interactivo "DISCURSHOW (ORBITAMOS)"; un espectáculo interpretado e dirixido por Vicente Mohedano de carácter lúdico-formativo, que dou un repaso ó noso universo cercano, así como as diferentes orientacións espaciais e movementos dos astros ó redor do sol. Unha moi boa maneira de aprender divirtíndose. Este é un dos actos organizados polo centro para celebrar o Mes da Ciencia.




FOTOGRAFÍAS e RESULTADOS DOS CONCURSOS E XOGOS POPULARES MAGOSTO - SAMAÍN 2022

Colgamos aquí unhas fotografías  do Magosto - Samaín 2022 celebrado o pasado venres 28 de Outubro. Pasámolo "de medo" e xenial coa participación de alumnado e profesorado, no debate Magosto-Samaín, na actuación teatro-musical, nos distintos xogos, nos concursos, na papatoria... O tempo respetounos e non choveu. Grazas a todos/as por participar e  facelo posible!!! 

PARTE DO ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS E XOGOS MAGOSTO-SAMAÍN 2022





 
 
 



Mes da Ciencia en Galego

Comeza un mes cheo de ciencia no IES Ramón Caamaño! En Novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego coa fin de visibilizar a importancia da investigación e das/os científicas/os, así como resaltar que a lingua galega é tan válida como outra calquera para investigar e divulgar ciencia.

Non te despistes e PARTICIPA na chea de actividades que se organizan:

- Experimentos e retos de diferentes temáticas durante os recreos. 
- Espectáculos de teatro e ciencia.
- Charlas sobre o cambio climático.
- Exposición de científicas e científicos galegos.
- Expositor con libros de ciencia en galego na Biblioteca do centro. 

Consulta a programación do Mes da Ciencia en Galego e inscríbete naquelas actividades con aforo limitado.

Programación do Mes da Cienca

ENLACE Ó CALENDARIO




Distribuir contido


by Dr. Radut