Skip to Content
VISITA AS ÁS INSTALACIÓNS DAS FORZAS ARMADAS EN FERROL

O pasado 11 de Abril o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Ramón Caamaño achegouse ás intalacións das Forzas Armadas en Ferrol para coñecer de primeira man o día a día na base.




OBRADOIROS NA BIBLIO

Dende o departamento de Orientación estanse a realizar unha serie de obradoiros na biblioteca dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra...




INMERSIÓN LINGUÍSTICA - INGLÉS NO BOSQUE - 3º ESO - SAMBADE (MUXÍA) - 4 ELEMENTS GALICIA

Actividade de 1 xornada de mañá onde o alumnado de 3º da ESO realizou varias actividades: xogos, camiñatas, recoñecemento da contorna, obradoiro de elaboración de pizzas e lumarada e asado, todo en Inglés. As actividades desenvolvéronse en Sambade (Muxía) nas instalacións e contorna da Empresa "4 Elements Galicia" que fornece de experiencias en Inglés a través de actividades comunitarias de vivencia e valoración do territorio e actividade rural e tradicional.




DÍA DA POESÍA - CONCERTO DE O RABELO - GALLETÓN (VERSOS EN GALLETA)

Este pasado 21 de Marzo celebramos o día da poesía cun artistazo, "O Rabelo" que repartiu, regueifa, tecno, regueatón, jotas e muiñeiras nun dsepregue punk-tradicional de inmensa personalidade sempre a favor da riqureza e o entendemento na diversidade. É o primeira actuación do Proxecto: MÚSICA EN MUXICAS orquestado polo Departamento de Dinamización Lingüística. Por outra banda; da man de Verónica Otero Domínguez, profesora de Bioloxía, creamos os "Galletóns" (versos en galleta) que recitamos no e papamos no recreo. Versos escollidos de Xela Arias e Olga Novo. Deixámosvos unhas imaxes e uns videos dos eventos, así como tamén a interesantísima entrevista co Rabelo.

 ENTREVISTA Ó RABELO (ACCESO)




OBRADOIRO DE REGUEIFA CON LUPE BLANCO

O pasado 15 de Marzo tivemos a sorte de recibir no noso centro a Lupe Blanco, muller fascinante, coristanquesa, regueifeira que amosou todo o seu saber e o potencial creativo e comunicativo a todo o alumnado de 3º e 4º da ESO nun obradoiro no que ó final remataron rimando e canturexando os seus propios versos.




8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - ACTOS 8M / 10M IES RAMÓN CAAMAÑO

Deixámosvos un resumo dos actos que tiveron lugar no centro os días 8 e 10 de Marzo co motivo da celebración do "Día Internacional da Muller". Obradoiros de Defensa Persoal para o Empoderamento da Muller con Fran Karate, Diálogo Aberto (espazo de preguntas alumnado-profesorado), Tempo de confraternización e oralidade, Exposición Galería de Mulleres con fragmentos de poemas de Rosalía Fernández Rial, Olga Novo e Chus Pato.




Distribuir contido


by Dr. Radut