Skip to Content
MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 




EXPOSICIÓN "SEMPRE MÁIS" - MUSEO DO POBO GALEGO

O alumnado de 1º da ESO achegouse a Santiago de Compostela donde a maiores de percorrer a Cidade Vella, asistiu a Exposición de Arte "Sempre Máis" no Auditorio de Galicia (Revisitación da catástrofe e novas accións e derivas artísticas, e sociopolíticas actuais sobre a mesma) e visitou o Museo do Pobo Galego onde a través dunha Xincana foi achegándose os elementos da cultura tradicional e patrimonial galega.




DÍA DE ROSALÍA - ACTOS DE CELEBRACIÓN O 24 F

Percorrido polos diversos actos actos que tiveron lugar no centro para festexar "Día de Rosalía de Castro". No noso caso, por motivos de organización, ainda que o propio aniversario é o 23 de Febreiro celebrámolo o 24. Exposición guiada #RosalíaBestial, Roteiro Rosaliano con "pasos" (paradas nas que nos adentramos nos diferentes universos rosalianos), Ofrenda a Rosalía e por último un recital a cargo de Rosalía Fernández Rial, poeta muxiá co título "Vaite noite, Vai fuxindo de ROSALÍA A ROSALÍA".




ENTROIDO IES RAMÓN CAAMAÑO 2023

Onte tivemos a ben dar inicio as festas do entroido celebrando no centro con obradoiros e actividades, e realizando un pasarrúas lúdico-reividicativo cos centros de infantil e primaria, "A galiña azul" e o "CEIP Virxe da Barca". No centro realizamos exposicións guiadas polos entroidos tradicionais de Galicia, obradoiros de doces "Bicas con Bicos", obradoiros de Maquillaxe, concursos de doces con degustación dos mesmos e desfiles de disfraces e concursos freakyes como o de "Concurso de gritos de terror en Francés". Fóra realizamos un pasarrúas no que o alumnado a modo de enterro fixo a "Salmodia do Congro" un enterro reivindicativo do emprego tradicional dos secadoiros de Muxía. A continuación podedes ver algumhas imaxes e videos e tamén visualizar AQUI o cartaz.




FLOR OU TOXO - 14 FEB

E chegou o 14 de febreiro,  día dos namorados, ou do amor, ou de todo o referente o amor...O caso é que desde o Departamento de Dinamización Linguística artellouse, durante as semanas previas á data,  unha fermosa actividade para axudar económicamente a recaudar fondos para a excursión de fin de curso de 4º da ESO. A actividade consistía en que o alumnado e profesorado do centro previa "consulta e petición", poideran enviar cartas de "amor-amizade" a outra/s persoas do centro acompañadas dunha "flor" ou un "toxo". As cartes e flores ou toxos enviados tiñan un costo de 1 euro. Por outra banda e coa axuda de Verónica Otero, Xefa do Departamento de Bioloxía, o alumnado de 4º da ESO creou e decorou galletas específicas con formas variadas de corazóns decorados para vender na Feira de Muxía ese mesmo día. Agradecer a todos os que participaron, a todos os que axudaron a crear as flores de papel (sobre todo a Maica Gesteiro, profesora de EF e ao alumnado de 3º da ESO) e os que foron a apañar os toxos...; e ços máis importantes...a todos os que enviaron cartas, flores e toxos...




TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA - RURAL OU URBANO?

O noso alumnado da optativa de "oratoria" (3º ESO)  baixo a dirección da súa profesora Cristina Negreira Barcia, veñen de presentarse o "Torneo de Debate Académico de Galicia" organizado pola Fundación Barrié de la Maza na súa Sede de A Coruña. O tema a debater na categoría na que estaban inscritos foi: "Rural ou Urbano? Cal é o entorno máis beneficioso para vivir a adolescencia?". Participación de centros públicos e privados cun nivel moi alto. O noso alumnado encantado de participar e vivir esta experiencia.




Distribuir contido


by Dr. Radut