Novas

AVISO IMPORTANTE: Axuda libros de texto 1º e 3º ESO, listaxes e vales

AVISO:

Os libros de texto de 1º e 3º da ESO que a Xunta outorga ao alumnado con dereito á axuda de libros, serán adquiridos polo IES Primeiro de Marzo.

A lista cos libros que lle corresponden a cada alumno/a estará exposta no taboleiro de anuncios do centro a partir do luns, 18 de xullo.

Os vales de material poderán recollerse a partir do luns, 18 de xullo na conserxería do centro, no seguinte horario:

Xullo de 10:00 a 13:30 h.

Agosto de 10:00 a 12:00 h.

Xuntamos arquivo coa lista dos beneficiarios dos VALES

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA ABAU - XULLO 2022. INFORMACIÓN

INFORMACIÓN ABAU EXTRAORDINARIA (só alumnado que se matricula por primeira vez)

DÍA 27 DE XUÑO: recollerán os impresos en secretaría ás 9:15 horas

Día de matrícula en secretaría : 29 de xuño de 9 a 11 horas

Enlace da web para descargar os impresos de matrícula da ABAU calendario das probas (sen publicar ainda) etc:    https://ciug.gal

Achegamos información sobre o pago do título e o da ABAU, calendario e oficio da ABAU

 

 

CALENDARIO E INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA DO CURSO 2022/23. INSTRUCIÓNS FIN DE CURSO

Lembramos que o luns, 27 de xuño, o alumnado devolverá os libros e ordenadores prestados e a continuación os titores entregaranlles o boletín de notas na aula correspondente. Na conserxería pedirán o sobre de matrícula.

Achegamos arquivos coa información: horario de entrega de notas e o calendario de matrícula.

AVISO para o alumnado de ciclo superior:

Alumnado de 1º de CS: recollerán en secretaría (27/6) a folla de matrícula para 2º curso

Alumnado de 2º de CS: recollerán (27/6) en secretaría o impreso de taxas de título  en secretaría.

Calquera incidencia, consulten en secretaría.

DOG 17 de xuño polo que se convocan axudas económicas para alumnado de FP en fase de prácticas

Prazo:  do 18 de xuño ao 18 de xullo

Listaxe provisional: 19 de xullo

Listaxe definitiva: 29 de xullo

Informará a titora da FCT ao alumnado interesado

Achegamos no arquivo toda a información ao respecto.

PRAZOS ADMISIÓN DE CICLOS EN GALICIA. DO 23 DE XUÑO ATA ÁS 13:00 H. DO 5 DE XULLO

Publicada a convocatoria de admisión aos ciclos medios e superiores, PF dual e para réxime de adultos .Curso 2022/23.

O enlace para informarse sobre a oferta, o proceso de admisión e solicitar praza é o seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral

Ordes de actualización da oferta de formación profesional para o curso 2022-23 e actualizacións de documentos de admisión

 
 

Achegamos calendario cos prazos.

AVISO: ALUMNADO DE ABAU

A partires do luns, 30 de maio, poden recoller en secretaría o certificado de bacharelato e o historial académico o alumnado que rematou o curso.

______________________________________________

DEVOLUCIÓN TAXAS ABAU

Achegamos aviso da CiUG en relación á solicitude de devolución de taxas aboadas INDEVIDAMENTE

EN RELACIÓN AO ENVIO DE SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE PREZOS PÚBLICOS DAS ABAU:

1.-As solicitudes coa documentación correspondente deberán presentarse en ciug@ciug.gal

2.- O alumno, terá que presentar unha instancia, onde figuren os seus datos persoais, número de conta para a devolución e o motivo da mesma. Ademais do xustificante da matrícula das ABAU

 

CAUSAS QUE DAN DEREITO Á DEVOLUCIÓN:

1.-PAGAMENTO DUPLICADO: Deberase adxuntar á instancia un PDF cos xustificantes do aboamento.

2.-FILLO OU FILLA DE  TRABALLADORES DO SUG QUE FIXERAN O PAGAMENTO ESTANDO EXENTOS: Deberase adxuntar un PDF do libro de familia, e unha certificación da Universidade do traballador con dereito á exención.

3.-RELACIONADOS COA SAÚDE: Deberase adxuntar PDF do certificado médico

4.-CALQUERA OUTRO MOTIVO CONTEMPLADO NA NORMATIVA DAS UNIVERSIDADES DO SUG

 

NON PROCEDERÁ NINGUNHA DEVOLUCIÓN CANDO AS CAUSAS QUE A MOTIVEN SEXAN IMPUTABLES AO INTERESADO.

 

O prazo para a convocatoria ordinaria remata o día 13 de xuño, para a convocatoria extraordinaria o día 22 de xullo

 

 

O Presidente da CIUG

Celso Rodríguez Fernández

 

O Boletín Oficial do Estado publicou o 18 de maio de 2022 a convocatoria oficial de becas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo no curso académico 2022-2023.

Enlace para solicitar a beca:

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o 18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o derradeiro día, porque tes que imprimir o PDF e presentalo no IES antes desa data.

Solicitud

Plazo de presentación de solicitudes

  • Desde el 19 de mayo de 2022
  • Hasta el 30 de septiembre de 2022

Plazo de presentación de solicitudes abierto

 

 https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

 Orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, PARA ALUMNADO DE ESO.

Acceso á aplicación : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

Prazo ata o 22.06.2022, tanto sea presentación  no centro ou a través da sede electrónica

Lugar de entrega presencial: conserxería do IES

Horario:

De luns a venres de 9:00 a 13:30

Tamén os luns: de 16:00 a 18:00 horas

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23. ESO/BAC

Publicado no taboleiro da secretaría a relación definitiva de admitidos para o curso 22/23

Distribuir contido