Achegamos no arquivo o calendario da entrega de notas e da devolución dos libros de texto en préstamo (venres 25 de xuño).
Atentamente.
Achegamos arquivos coa información e o calendario da matrícula ordinaria de xullo, os impresos e unha nota da ANPA.
Todos estos documentos estarán no sobre de matrícula que entregaremos en conserxería a finais de xuño.
Orde do 31 de maio de 20212 (DOG) pola que se publica a convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22.
Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o 17 de xuño ao 9 de xullo incluído.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos entre o 17 de xuño ao 2 de agosto incluído.
Enlace:
Nos arquivos adxuntos está a información sobre o proceso da ABAU extraordinaria.
Tamén na secretaría do centro está ao seu dispor.
Orde do 25 de maio de 20121, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado de FP que realiza o módulo FCT .
Prazo de solicitudes : de 3 de xuño ao 5 de xullo
Publicación da listaxe provisional : 6 de xullo
Listaxe definitiva : 16 de xullo
Publicamos información sobre os prazos de admisión a réximen ordinario, réxime para persoas adultas, FP dual e cursos de especialización para o curso 2021/22.
Enlace da web de FP para solicitar a admisión nos ciclos: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647
Para réximen ordinaria e persoas adultas:
Prazo : do 25 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xuño ás 13:00 horas
1ª adxudicación e matrícula: do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
2ª adxudicación e matrícula : do 28 de xullo ao 30 de xullo ás 13:00 horas.
Para FP Dual:
Prazo do 25 e xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Matrícula do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas.
Para curso de especialización:
Prazo: do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matrícula do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas
A Oferta publicarase non videiros días na web da Consellería, ainda está a do curso 20/21
NOTA: Xuntamos, nos seguintes arquivos, toda a información sobre os procesos, prazos e o documento coa oferta para o curso 21.22 e o DOG coa orden que o regula para o réximen ordinario.
O noso centro oferta 18 prazas para FPBásica e 30 para Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística. Achegamos arquivo coa información do ciclo superior.
Xa poden recoller en secretaría os documentos.
Un cordial saúdo.
Prazo: do 21/5 ata o 22/6/2021
Solicitude en liña no seguinte enlace :https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
A solicitude tamén poderá presentarse en papel na secretaría do centro ou polos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, sede electrónica da Xunta, incluíndo o sisitema de usuario e chave 365 ( https://sede.xunta.gal/chave365)
Publicamos o calendario para os exames de 2º bacharelato da convocatoria extraordinaria de xuño no arquivo adxunto.
O alumnado que fixo a súa solicitude neste centro para o vindeiro curso 2021/22 en prazo está admitido.
As listas definitivas poden ser consultadas no taboleiro do centro.
NOTA: Antes de rematar o curso publicarase o calendario de matrícula ordinaria.