CONCURSO .DECORACIÓN NAVIDEÑA DAS PORTAS DAS AULAS.

 Tedes toda a información no Arquivo Adxunto

Proxecto YAM: prevención do risco suicida en entornos escolares

O IES Primeiro de Marzo foi selecionado para participar na implantación do Programa YAM (Youth Aware of Mental Health) de Prevención da conducta suicida.
 
 
 
 
Nos documentos Anexos achégase información ó respecto.
Podedes consultar tamén a información na web do SERGAS 
 

CONVOCATORIA FOLGA TRABALLADORES 24 DE NOVEMBRO( organismos públicos e sector privado)

Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.

CONSULTEN NO DOG DO  23/11/2023

"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."

 Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo

MAGOSTO 17/11/23

Este Venres teremos a celebración do Magosto no noso centro, e polo unha fantástica ocasión para desfrutar en conxunto... que non todo vai ser libros, apuntes e exames Sorriso

O horario oficial para todo o alumnado e profesorado será de 12:20 a 14:00 horas.

Durante estas 2 sesións haberá reparto de castañas asadas, preparadas polo alumnado do Ciclo Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, así como Música ambiental, Obradoiros e Xogos Populares organizados polo alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.

En concreto, o alumnado de Ciclo está preparando o “Desafío Magosto”, consistente nun circuito de xogos populares, que ó completarse dará dereito a participar no sorteo duns pequenos agasallos.

Sobre as 13:45 finalizarán os xogos, e comezará o momento de recollida e limpeza, que debería ser compartida por todo o alumnado e profesorado

Que viva o Magosto!!

Saúdos.

ACTIVIDADE SAMAÍN ORGANIZADA POLA ANPA

ACTIVIDADE SAMAÍN ORGANIZADA POLA ANPA DO IES

"O día 27 de outubro vaise realizar unha festa de celebración con motivo de Hallowen/Samaín. Será  a partir das 19:00 horas e inclúe pernocta e moitas experiencias "terroríficas".
 
O custo da actividade é de 18€ para socios da ANPA e de 23€ para non socios
 
Todos os que queiran participar deben entregar cuberto o formulario que está a disposición en conserxería (ou como Adxunto a esta entrada) antes dó día 23/10/2023.
 
Vos agardamos con ganas de pasalo moi ben."
 
Detalle da actividade:
 
-Chegada ás 19:00 do día 27 e ata as 11:00 do día 28.
-Actividades: ruta do terror, laser tag, etc
-Cea (incluída no prezo)
-Pernocta (levar saco de durmir)
-Almorzo (incluído no prezo)
 
Recollida do alumnado como hora límite ás 11:00 do día 28.
 
Inclúe seguro de RC e de accidentes, monitores con alta na SS e todo o material necesario.

AVISO IMPORTANTE TRANSPORTE: LIÑA BAREDO

AVISO TRANSPORTE: LIÑA BAREDO

Remataron as obras na rúa Cruceiro que afectaban ás paradas de "Cabreiros" e "Portelos", polo que a partir do Luns 9 de Outubro o autobús volverá a realizar o seu percorrido habitual.

26 DE SETEMBRO, FESTIVO LOCAL

FESTIVO LOCAL EN BAIONA:

O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro

PRAZAS VACANTES EN CICLO SUPERIOR

Rematado o proceso de admisión e matrícula polo réxime ordinario, amplíase a oferta modular para o réxime de persoas adultas

Prazo extraordinario do 18 de setembro ao 22 de setembro en 1º curso de ciclo superior de animación sociocultural e turística,

Oferta: 14 prazas

Normativa: Decreto 114/2010 do 1 de xullo

Distribuir contido