NOTIFICACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias: Á espera de ver como evoluciona a situación covid, e medidas a tomar, contamos con convocar ás familias de alumnado que accede por primeira vez ao centro a unha reunión de presentación previa ao inicio do curso e, se a situación o permitise, retomaríamos as reunións coas familias do alumnado dos demáis cursos. (Avisaremos pola web).

Entretanto, reiterar os parabéns polo comportamento do alumnado no curso 2020-21 e colaboración das familias e desexar un feliz verán.

O equipo directivo