OFERTA PRAZAS CURSO 2023/24. PROCESO DE ADMISIÓN. Listaxe definitiva de admitidos, 25 de abril

PARA O CURSO 2023/2024 SE OFERTAN AS SEGUINTES PRAZAS:

OFERTA              

  • 1º ESO:   27
  • 2º ESO:   12
  • 3º ESO:     6
  • 4º ESO:     9
  • 1º BACH: 25 DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA / 32 DE HUMANIDADES E CCSS
  • 2º BACH: 32 DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA / 32 DE HUMANIDADES E CCSS

PRAZO DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO. FINALIZADO

NON SE BAREMARÁ

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 25 DE ABRIL

PRAZAS RESULTANTES FINALIZADO PRAZO DE ADMISIÓN

1º ESO    25               3º ESO    4

2º ESO    12               4º ESO    8

1º BAC  24 DE CIENCIAS E  31 DE H/CCSS

2º BAC  30 DE CIENCIAS E  33 DE H/CCSS

 

Normativa reguladora do procedemento:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio

 

Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.

 

Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).
Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.O número enteiro obtido determinará a solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema: (en cumprimento do previsto no artigo 34 e na disposición adicional primeira da devandita orde: Orde do 21 de outubro de 2022)

 

Prazos do proceso de admisión e matrícula:

Presentación da solicitude de admisión: Do 1 ó 20 de marzo

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados: 21 de marzo ao 2 de abril

Data de publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril

Prazo de reclamacións á listaxe provisional :26 de abril ao 2 de maio

Data de publicación definitiva de admitidos:15 de maio

Prazo de formalización da matrícula: publicarase o calendario a finais de xuño, derradeiro día o 7 de xullo

Páxina de enlace á aplicación informática: poden descargar o formulario

  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 Documentación:

Distintas opcións para presentar a solicitude ED550B

-Presencialmente na secretaría do centro,

-Por vía electrónica: Formulario ED550B dispoñible na aplicación admisiónalumnado: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ,

-A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

DOCUMENTACIÓN a aportar coa solicitude:

ANEXO II e ANEXO II bis asinados nas páxinas 5, 6 e 7. Fotocopia dos DNI de tódolos membros da unidade familiar.Nos casos de separación ou divorcio presentarán fotocopia do Convenio regulador ou resolución xudicial que determine a situación do/a alumno/a.Outra documentación xustificativa ( libro de familia ou o empadroamento, certificado de matrícula actual.., etc) dos criterios de admisión que alega para o baremo.

En Bacharelato ademáis, certificación académica da nota media do último curso finalizado nun centro privado non concertado de Galicia ou calquera centro de fóra de Galicia.

OUTRA INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO, MANUAIS E  LEXISLACIÓN APLICABLE ESTÁ PUBLICADA NESTA MESMA PÁXINA.

O HORARIO DE SECRETARÍA É DE 9:00 H. A 14:00 H. DE LUNS A VENRES