MATRÍCULA 1ª ADXUDICACIÓN CICLOS

Lembramos que a data da publicación da 1ª adxudicación de ciclos superiores e medios é o 19 de xullo.

O calendario de matriculación é: dende o 19 de xullo ata as 13:00 horas do 22 de xullo

Documentación para a matrícula: Anexo VII (matrícula), solicitude de transporte, autorización para a imaxe do alumnado, 2 fotos, copia do DNI e da tarxeta sanitaria e resgardo do pago do seguro escolar (1,12 euros) á conta de ABANCA: ES12 2080 5015 68 3040014348 e certificación académica.

Achegamos modelos para a matrícula e información da Consellería sobre o proceso de matrícula, reserva ou renuncia

Horario da secretaría  para o público: de 9:30 a 13:00 h. (mes de xullo)

NOTA: o alumnado que teña algunha incidencia poderá poñerse en contacto coa secretaría do IES ao número de  tf. 886110127, no mesmo horario.

De non matricularse ou renunciar á praza no periodo establecido para a 1ª Adxudicación ordinaria, a solicitude será eliminada do proceso de admisión.
Estar matriculado en calquera ensinanza implica a renuncia a continuar participando no proceso de admisión en ciclos formativos.

As instrucións para realizar estas accións estarán dispoñibles para o alumnado na páxina web: www.edu.xunta.gal/fp. Na mesma páxina estarán dispoñibles os accesos aos servizos en liña

 

AVISO: 16 prazas liberadas. Máis información na seguinte ligazón

AdxuntoTamaño
Modelos matrícula CICLOS.pdf1.21 MB
Instrucións matrícula-renuncia_ordinario_2022-2023_VF.pdf581.22 KB