AVISO: ALUMNADO DE ABAU

A partires do luns, 30 de maio, poden recoller en secretaría o certificado de bacharelato e o historial académico o alumnado que rematou o curso.

______________________________________________

DEVOLUCIÓN TAXAS ABAU

Achegamos aviso da CiUG en relación á solicitude de devolución de taxas aboadas INDEVIDAMENTE

EN RELACIÓN AO ENVIO DE SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE PREZOS PÚBLICOS DAS ABAU:

1.-As solicitudes coa documentación correspondente deberán presentarse en ciug@ciug.gal

2.- O alumno, terá que presentar unha instancia, onde figuren os seus datos persoais, número de conta para a devolución e o motivo da mesma. Ademais do xustificante da matrícula das ABAU

 

CAUSAS QUE DAN DEREITO Á DEVOLUCIÓN:

1.-PAGAMENTO DUPLICADO: Deberase adxuntar á instancia un PDF cos xustificantes do aboamento.

2.-FILLO OU FILLA DE  TRABALLADORES DO SUG QUE FIXERAN O PAGAMENTO ESTANDO EXENTOS: Deberase adxuntar un PDF do libro de familia, e unha certificación da Universidade do traballador con dereito á exención.

3.-RELACIONADOS COA SAÚDE: Deberase adxuntar PDF do certificado médico

4.-CALQUERA OUTRO MOTIVO CONTEMPLADO NA NORMATIVA DAS UNIVERSIDADES DO SUG

 

NON PROCEDERÁ NINGUNHA DEVOLUCIÓN CANDO AS CAUSAS QUE A MOTIVEN SEXAN IMPUTABLES AO INTERESADO.

 

O prazo para a convocatoria ordinaria remata o día 13 de xuño, para a convocatoria extraordinaria o día 22 de xullo

 

 

O Presidente da CIUG

Celso Rodríguez Fernández