CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS

Acceso á información xeral das probas de acceso a grao medio

PRAZO: do 3 ao 16 de marzo, ambos incluídos

Introdución

Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)


Información xeral e calendario

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Composición dos tribunais

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude

- Ligazón á aplicación informática

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.