Novas

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES PRESENTADAS PARA AS PROBAS DE CS

Publicada a listaxe provisional de solicitudes presentadas para as probas de acceso aos CS.

Prazo de reclamación: do 18 ao 25 de febreiro ás 13:00 horas

Achegamos ficheiro coa listaxe.

CONVOCATORIA PROBAS PARA CARNÉS E ACREDITACIÓNS PROFESIONAIS

Carnés e habilitacións profesionais. Orde de convocatoria 2022

 
 

Publicada a Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022 (código de procedemento ED527A).

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Primeira convocatoria: do 21 de febreiro ao 8 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Segunda convocatoria:  do 20 de xuño ao 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

Máis información:http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-carnes-profesionais

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

PUBLICADA A ORDE DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES.

ENLACE PARA CUBRIR A SOLICITUDE:

Todas as persoas solicitantes terán que empregar o asistente informático para a confección da solicitude para as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional, dispoñible no seguinte ENLACE que xerará un solicitude en formato normalizado

https://www.edu.xunta. gal /ciclosprobas/PaxinaInicio

ENLACE PÁXINA DE INFORMACIÓN

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Prazo de admisión ás Probas Ciclos Superiores: 31/1/22 ao 11/2/22

Prazo de admisión ás Probas Ciclos  Medios: 3/3/22 ao 16/3/22

______________________________________________________________

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS SUPERIORES
A proba realizarase o 28 de abril de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Parte común da proba:
–Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
Parte específica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.

XUNTAMOS ARQUIVOS COA  INFORMACIÓN, INSTRUCIÓNS E O CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO.

 

Mensaxe para os usuarios/as do Transporte Escolar

Para o alumnado usuario do Transporte Escolar

Os usuarios/as das seguintes liñas de transporte:

  • Liña1: Belesar
  • Liña2: Morade
  • Liña5: A Ramallosa
  • Liña6: Baiña

Ocuparan SEMPRE as plazas asignadas no documento publicado na Web do centro

Os usuarios do resto das liñas seguirán ocupando a MESMA praza ata a publicación da nova asignación.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR. SECTOR FAMILIAS. VOTACIÓN 25 DE NOVEMBRO

AVISO:

Día 25: Votación das familias para renovar aos membros no Consello Escolar do Centro

Lugar: entrada da conserxería do Centro.

Horario: de 16:00 a 18:30 horas

Moitas grazas pola colaboración e a disponibilidade

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo coa acta do sorteo de membros da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CURSO 2021/22

Para a Renovación Parcial do Consello Escolar é preciso facer o sorteo dos compoñentes, titulares e suplentes, que constituirán a Xunta Electotal. Dito sorteo, de carácter público, levarase a cabo o venres 29 de outubro ás 11:00, seguindo as instruccións da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro).

O mércores 3 de novembro ás 11:00 farase constitución da Xunta Electoral cos membros elexidos, tras convocatoria previa.

 

Para mais información consultar o documento adxunto.

 

Matrícula en ciclo superior de Animación sociocultural e turística. Prazas vacantes

Admisión:

Vacantes: 17 prazas en cada un dos sete  módulos de 1º curso.

O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán: – As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. – Para tales efectos, o día 4 de outubro, os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. – A matrícula farase no prazo comprendido entre o 5 e o 8 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. – O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 8 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE BAIONA

INFORMAMOS DOS FESTIVOS LOCAIS DE BAIONA ( días non lectivos)

 

24 DE SETEMBRO: San Cosme e San Damián

 

1 DE OUTUBRO: Festa da Arribada

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 21.22. FPB

 

Publicación : 15/09/2021

Achegamos arquivo coa listaxe.

AVISO: inicio de curso o 16 de setembro, horario de 8:30 a 14:00 horas

Documentación que entregarán en secretaría (se non o fixeron con anterioridade):

Copia tarxeta sanitaria e copia dos DNI pais e alumno/a, pago do seguro escolar (1.12 euros), dúas fotos, certificación académica do último curso, declaración responsable (covid 19) e autorización uso de imaxe, impreso de transporte.

Teñen esta información publicada con anterioridade nesta mesma páxina.

O prazo para solicitar beca por estudos de FP é ata o 30 de setembro, se fai en liña por internet na páxina do Ministerio (MEC).

 https://www.becaseducacion.gob.es/

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...

 

NON HAI PRAZAS DISPONIBLES

Distribuir contido