Convocatoria de eleccións dos representantes do alumnado para o CE 2022

Achegamos arquivo coa convocatoria de eleccións á renovación parcial do sector alumnado do Consello Escolar 2022. Está publicada no taboleiro da entrada ao IES

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022 E PUBLICACIÓN DE CENSOS

En reunión celebrada o 7/11/2022 da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do CE 2022, aprobouse o calendario das eleccións . Achegamos o arquivo coa información e dos censos.

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo da acta do sorteo de membros da Xunta Electoral  relativo á convocatoria de eleccións á renovación parcial do Consello Escolar 2022  así mesmo e a todos os efectos, publícase no  taboleiro do centro todas aquelas resolucións e informacións sobre o proceso atendendo á normativa vixente.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, DOG 30/09/22, realizarase próximamente a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR.

Achegamos no arquivo a información sobre o sorteo e constitución da Xunta Electoral e a organización das eleccións.

Axudas complementarias material. Entrega do cheque

 

Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación
da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das
persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €Orde do 29 de abril de 2022
.

 

Prazo e lugar de entrega : dende o luns, 17 de outubro de 2022 na conserxería do centro

 

Intercambio Pornic IES Primeiro de marzo

 O noso alumnado a piques de saír

Libro Filosofía Curso 2022/23

Dende o departamento de Filosofía infórmase que o libro de texto para 1º de bacharelato no  curso 22/23 é o indicado a continuación:

Nome: Filosofía 1 (Comunidade en Rede)

Editorial: Vicens Vives C. Prestel

Idioma: Galego

ISBN: 9788468287706

AVISO: BECAS NEAE. FINALIZA O 30/9/22 O PRAZO PARA SOLICITALAS

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o 18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o derradeiro día, porque tes que imprimir o PDF e presentalo no IES antes desa data.

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN LINGÜISTICA

Informase de que o alumnado interesado en solicitar as axudas para a certificación lingüística, deberán poñerse en contacto co profesorado de inglés do centro.
O prazo de solicitude remata o 23 de setembro, polo que cómpre achegar esta información ao departamento de inglés o antes posible.
Poderá atopar toda a información sobre a convocatoria no seguinte enlace

PRAZAS LIBRES NO 1º CURSO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

OFERTA DE PRAZAS:  16 EN TODOS OS MÓDULOS

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece no artigo 19.2 que as ofertas das ensinanzas de formación
profesionalpoderanse¥lexibilizardexeitoquepermitan,nomeadamenteáspersoasadultas,a
posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou
con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
Ampliación da oferta
A Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas,
nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de
grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para
o curso académico 2022/23, establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do
réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:
“As prazas que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de admisión e
matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes
efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de
formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que
teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2022/23.
Admisión
O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán:
As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de
admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas.
Para tales efectos, o día 9 de setembro, os centros educativos farán pública no taboleiro de
anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo.
A matrícula farase no prazo comprendido entre o 9 e o 23 de setembro, por estrita orde de
chegada de solicitudes de maneira presencial.
O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 23 de setembro. A
partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Dirección Xeral
de Formación Profesional.
No caso de ciclos formativos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en
proceso de implantación, unicamente será de aplicación aos módulos profesionais do primeiro
curso.
Por último, o alumnado matriculado no curso 2022-2023 polo réxime de persoas adultas en
módulos profesionais dun ciclo formativo, nun centro que tamén ofreza as mesmas ensinanzas
polo réxime ordinario, poderá ampliar a súa matrícula no mesmo centro nos módulos profesionais
que resulten vacantes por este procedemento. En todo caso, a matrícula parcial de módulos
realizarase para o mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 1000
horas.

Distribuir contido