Secretaría

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR. SECTOR FAMILIAS. VOTACIÓN 25 DE NOVEMBRO

AVISO:

Día 25: Votación das familias para renovar aos membros no Consello Escolar do Centro

Lugar: entrada da conserxería do Centro.

Horario: de 16:00 a 18:30 horas

Moitas grazas pola colaboración e a disponibilidade

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS, CURSO 2021/22. INFORMACIÓN

Achegamos instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia do 12/11/2021

ALUMNADO DESTINATARIO:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar. Non terán que presentar solicitude

2. Non fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar por diferenes circunstancias:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2019)

b) Estea maticulado e educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda da unidade familiar.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

a) Forrmulario no centro educativo e copia do libro de familia ou documento equivalente, e se fora o caso, sentenza de divorcio ou convenio regulador.

b) No portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.gal

PRAZO: 10 días hábiles, do 15 ao 26 de novembro, ambos incluídos.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. Censo familias. Modelo candidatura

Aprobado pola Xunta Electoral o calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2021.

Xuntamos ficheiro do calendario, ficheiro co censo das  familias e modelo de presentación á candidatura (sector familias)

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo coa acta do sorteo de membros da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do Consello Escolar do centro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CURSO 2021/22

Para a Renovación Parcial do Consello Escolar é preciso facer o sorteo dos compoñentes, titulares e suplentes, que constituirán a Xunta Electotal. Dito sorteo, de carácter público, levarase a cabo o venres 29 de outubro ás 11:00, seguindo as instruccións da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro).

O mércores 3 de novembro ás 11:00 farase constitución da Xunta Electoral cos membros elexidos, tras convocatoria previa.

 

Para mais información consultar o documento adxunto.

 

Matrícula en ciclo superior de Animación sociocultural e turística. Prazas vacantes

Admisión:

Vacantes: 17 prazas en cada un dos sete  módulos de 1º curso.

O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán: – As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. – Para tales efectos, o día 4 de outubro, os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. – A matrícula farase no prazo comprendido entre o 5 e o 8 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. – O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 8 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE BAIONA

INFORMAMOS DOS FESTIVOS LOCAIS DE BAIONA ( días non lectivos)

 

24 DE SETEMBRO: San Cosme e San Damián

 

1 DE OUTUBRO: Festa da Arribada

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 21.22. FPB

 

Publicación : 15/09/2021

Achegamos arquivo coa listaxe.

AVISO: inicio de curso o 16 de setembro, horario de 8:30 a 14:00 horas

Documentación que entregarán en secretaría (se non o fixeron con anterioridade):

Copia tarxeta sanitaria e copia dos DNI pais e alumno/a, pago do seguro escolar (1.12 euros), dúas fotos, certificación académica do último curso, declaración responsable (covid 19) e autorización uso de imaxe, impreso de transporte.

Teñen esta información publicada con anterioridade nesta mesma páxina.

O prazo para solicitar beca por estudos de FP é ata o 30 de setembro, se fai en liña por internet na páxina do Ministerio (MEC).

 https://www.becaseducacion.gob.es/

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...

 

NON HAI PRAZAS DISPONIBLES

COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2021/22

Comunicación ás familias:  Inicio curso

Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2021-2022, aínda condicionado pola pandemia que nos obriga a gardar o protocolo covid (na web para inicio de curso) para seguir facendo deste centro un centro seguro e con ensino presencial.

 Inicio, con incorporación gradual que facilite a información e práctica do protocolo:

 - 15 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas) : 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bach

- 16 setembro (horario habitual de 8:30 a 14:00 horas): Todos os grupos, de ESO, FPB, Bacharelato e Ciclo Superior

 

Convocatoria familias de alumnado (no posible só un único representante por cuestión covid) de 1º ESO  e 1º Bacharelato:

 - Luns 13 de setembro

-  Horario: ás 17:00 h.1º ESO;

                  ás 18:15 h. 1º Bach

Lugar: Pista cuberta

Obriga uso de máscara

 AVISO importante:

 - NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma covid

- As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.

- Deben cubrir e asinar o documento “Declaración responsable” e presentalo en Conserxería entre as 8:30h e as 14:00 h. ou, escaneado, a través do correo electrónico con data límite o día de incorporación do alumno ou alumna ao centro.

Distribuir contido