Novas

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ÁS ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

PUBLICAMOS NO TABOLEIRO DO CENTRO a proclamación de candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar. NOS SECTORES FAMILIAS E ALUMNADO RESULTARON DESERTAS. Ábrese prazo de reclamación que finaliza o mércores 23/11/22.

Convocatoria de eleccións dos representantes do alumnado para o CE 2022

Achegamos arquivo coa convocatoria de eleccións á renovación parcial do sector alumnado do Consello Escolar 2022. Está publicada no taboleiro da entrada ao IES

ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Achegamos arquivo da acta do sorteo de membros da Xunta Electoral  relativo á convocatoria de eleccións á renovación parcial do Consello Escolar 2022  así mesmo e a todos os efectos, publícase no  taboleiro do centro todas aquelas resolucións e informacións sobre o proceso atendendo á normativa vixente.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, DOG 30/09/22, realizarase próximamente a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR.

Achegamos no arquivo a información sobre o sorteo e constitución da Xunta Electoral e a organización das eleccións.

Axudas complementarias material. Entrega do cheque

 

Para paliar na medida do posible estas consecuencias, cómpre efectuar unha ampliación
da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das
persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais ata acadar un importe total de 75 €Orde do 29 de abril de 2022
.

 

Prazo e lugar de entrega : dende o luns, 17 de outubro de 2022 na conserxería do centro

 

AVISO: BECAS NEAE. FINALIZA O 30/9/22 O PRAZO PARA SOLICITALAS

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o 18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o derradeiro día, porque tes que imprimir o PDF e presentalo no IES antes desa data.

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN LINGÜISTICA

Informase de que o alumnado interesado en solicitar as axudas para a certificación lingüística, deberán poñerse en contacto co profesorado de inglés do centro.
O prazo de solicitude remata o 23 de setembro, polo que cómpre achegar esta información ao departamento de inglés o antes posible.
Poderá atopar toda a información sobre a convocatoria no seguinte enlace

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2022/23

INICIO DE CURSO: DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2022

HORARIO XERAL LECTIVO DO CURSO:

ESO-FPB-BACH

Mañás: de luns a venres de 8:30 h a 14:00 h.

Tardes: Luns de 16:10 h. a 17:50 h

CICLO SUPERIOR:

Mañás: luns a venres de 8:30 h a 14:00 h.

Tardes: luns e xoves de 16:10 h a 18::40 h

____________________________________________________________________

PRESENTACIÓN 1

Cursos: 1º ESO, 2º ESO, 1ºBACH E 2º FPB

Data: 8/9/2022

Hora: 8:30 h

Lugar: pista cuberta. Despois o alumnado sera chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas.

PRESENTACIÓN 2

Cursos: 3º ESO, 4º ESO, 2º BACH

Data:08/09/22

Hora: 8:30 h

Lugar: antifeatro, en caso de choiva ir á pista cuberta. Despois o alumnado será chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas

PRESENTACIÓN 3

Cursos: Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística

Data: 08/09/22

Hora:10:30 h

Lugar: Pista cuberta. Despois o alumnado será chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas.

PRESENTACIÓN 4

Curso: 1º FPB

Data:12/09/22

Hora: 08:30 h.

Lugar: Aula 11.  A persoa titora dará as instrucións pertinentes

 

 

BENVIDA Ó CURSO 2022-2023!

Damos a benvida a todo o alumnado que se incorpora ó curso 2022-2023 cos mellores desexos de aproveitamento e enriquecemento, e pracenos convidar a un acto informativo, de acollida, ás familias do alumnado de 1º ESO, 1º FPB e 1º de Bacharelato, que accede por primeira vez ó centro

Martes 6 de setembro, as 18:00 h na pista cuberta do centro.

 

A Dirección

ADXUDICACIÓN E MATRÍCULA ALUMNADO DE FPBÁSICA

AVISO :

SAIRON HOXE, 21 DE XULLO AS LISTAXES. HORARIO DE ATENCIÓN DE 9 A 13 HORAS

 

Data de matrícula: 22 en secretaría

Documentación: cubrir os modelos que achegamos nun arquivo

Copia do DNI e da tarxeta sanitaria

2 fotos

Xustificante do pago en ABANCA do seguro escolar (1,12 euros) na conta:  ES12 2080 5015 68 3040014348

Consello Orientador (Anexo II)

Consentimento de incorporación á FPB (anexo III)

Comunicación de incorporación á  FPB (anexo IV)

Certificación académica

Distribuir contido