CONVOCATORIA PROBAS ACCESO AOS CICLOS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024

 
 
Mar, 09/01/2024 - 15:43

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

 
 

Premiados no Concurso de Adornos de Nadal con materiais reciclados do Concello de Baiona

O alumnado de 2º FP Básica ven de recibir o 5º premio no I Concurso de Adornos de Nadal con materiais reciclados organizado polo Concello de Baiona.

        

 A participación neste concurso foi impulsada pola ANPA Balcaixa do IES Primeiro de Marzo, quen prestou en todo momento a súa inestimable colaboración.

Recoñecer así mesmo a labor do profesor Telmo Pera, quen coordinou ó alumnado no deseño e execución do seu premiado adorno de Nadal.

 Parabéns a todas e todos!   

Concurso de Podcast do Club de Lectura

  1º Poderá participar todo o alumnado do centro.

 

  2º A participación pode ser individual ou en parellas.

 

  3º O concurso consiste na elaboración dun podcast sobre algún dos

  cómics propostos polo Club de Lectura.

       Deberá ter formato .mp3/.wav, e unha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5.

       Os martes, mércores e xoves de xaneiro, durante o recreo,  poderás utilizar a Radio para facer a gravación.

 

O podcast deberás envialo ao correo biblioprimeiromarzo@gmail.com indicando no asunto Concurso podcast Club de Lectura, e no corpo do correo os nomes do ou dos autores/as e como adxunto o podcast.

 

5º Data límite de presentación 31 de xaneiro.

 

Haberá un premio ao mellor podcast nas categorías: 

                        1º Ciclo da ESO

                        2º Ciclo da ESO + FPB

                        Bacharelato + Ciclo Superior

Portas Gañadoras do Concurso de Nadal

Aquí tendes as portas gañadoras do concurso.

  • Categoría APALPADOR: Grupos da ESO e de FP Básica

1º Posto: 4º ESO-C, coa súa porta “Perillas Navideñas”

  

2º posto: ESO-B “A Casa do Apalpador”

3º posto: 3º ESO-B “Percebiños. Nadal na Ría”

 

  • Categoría CANTOS DE REIS: Grupos de Bacharelato e Ciclo Superior

1º Posto: 2º Bach A+B coa súa porta “Cartas axs profxs magxs”

     

  

2º posto: Empate entre 1ºBach-C “Abel Xenxibre” e 1º Ciclo Superior ASCT “Decoración Navideña”

3º posto: 2º Ciclo Superior ASCT “Duendes Tolxs”

 

  • Categoría especial TIZÓN DE NADAL: Departamentos de Profesorado e Persoal Non Docente

 1º Posto: Departamento de Lingua Castelá + Latín coa porta “O Noso Nadal”

  

2º posto: Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade “Un Nadal cheo de palabras-agasallo”

3º posto: Empate entre Departamento de Ciencias Naturais + Física e Química “Feliz Solsticio” e Departamento de Xeografía e Historía + Filosofí + Relixión “Nadal (con Corazón)”

 

Parabéns as persoas autoras das decoracións gañadoras, e moitas grazas a todos os grupos de alumnado, profesorado e persoal non docente que se animou a participar deste concurso!!

Gañadores do concurso de iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario galego

O noso IES resultou gañador do concurso iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario galego organizado por Enxeñería Sen Fronteiras.

A proposta consiste na reparación e actualización de equipos informáticos avariados ou obsoletos e retirados de uso, mediante a recuperación de compoñentes doutros equipos, de xeito que se lle dea unha nova vida útil.

Os novos equipos, que serán montados polo alumnado das materías do Departamento de Tecnoloxía, posteriormente serán distribuídos no propio IES así como entregados a entidades sociais da contorna, xenerando un impacto social na comunidade impulsado dende o noso centro de ensino.

 

Parabéns ó profesorado e o alumnado participante desta fantástica iniciativa

 

Actividades recadación fondos Viaxe Fin de Estudos

O alumnado de 4º ESO e de 2º FPB, co apoio da ANPA e das súas familias, está a mobilizarse para recadar fondos que lle permitan realizar a súa viaxe Fin de Estudos.

 Para iso están a desenvolver distinta actividades, entre elas unha Festa Pre-Fin de Ano e un Mercadiño de Nadal.

 Achegamos cartaces coa información.

  

Animamos a toda a comunidade educativa a participar das mesmas e a darlle a maior difusión posible para que sexan todo un éxito!

Proxecto Dinamización de Lingua Galega

A partir do mes de Xaneiro o noso IES participará activamente na campaña "Aquí tamén se fala Galego", co impulso do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Tedes máis información na web:   #AQUÍTAMÉNSEFALA

AVISO: FESTIVO DOCENTE. 7 DE DECEMBRO

LEMBRAMOS QUE O 7 DE DECEMBRO NON HABERÁ CLASES POR SER FESTIVO DE EDUCACIÓN, POR TANTO RETORNAN AS CLASES O LUNS, 11 DE DECEMBRO.

SAÚDOS.

CONCURSO .DECORACIÓN NAVIDEÑA DAS PORTAS DAS AULAS.

 Tedes toda a información no Arquivo Adxunto

Proxecto YAM: prevención do risco suicida en entornos escolares

O IES Primeiro de Marzo foi selecionado para participar na implantación do Programa YAM (Youth Aware of Mental Health) de Prevención da conducta suicida.
 
 
 
 
Nos documentos Anexos achégase información ó respecto.
Podedes consultar tamén a información na web do SERGAS 
 
Distribuir contido