Número de conta do IES Primeiro de Marzo para o pago do seguro escolar (alumnado a partir de 3º ESO):
ES12 2080 5015 68 3040014348 (ABANCA)
Se o pago o fan a través da banca electrónica non lles cobran a tramitación dese pago.
O vindeiro, 6 de abril ás 13:00 h. haberá unha charla sobre Educación Vial no salón de actos do Centro dirixida as familias e a o alumnado en xeral, esta charla correrá a cargo da Garda Civil de Baiona.
O pasado martes 13 de marzo Celia quixo convidarnos para celebrar que leva 25 anos traballando con nós.
Pola nosa parte e en nome de toda a comunidade educativa do IES Primeiro de Marzo dámoslle as grazas.
Grazas pola túa amizade e por compatir con todos nós unha parte importante da túa vida.
Unha aperta, Celia.
O vindeiro luns día 12 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do noso centro terá lugar unha charla dirixida ás familias sobre as Redes Sociais e Maltrato entre Iguais.
Esta charla forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos e correrá a cargo de dous membros do Garda Civil de Baiona.
PARABÉNS A PAOLA DI PIETRO ALAR!
A nosa alumna de 4º da ESO Paola di Pietro Alar acaba de conseguir unha beca da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA que lle permitirá estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá o vindeiro curso 2018-2019.
Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negra, unha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...
Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións.
O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará uns obradoiros de sensibilización e prevención de violencia de xénero os días: 2,3, 6 e 7 de novembro no centro a cargo de profesionais especialistas organizado polo Concello de Baiona con fondos do Ministerio de Educación.
Na mañá do pasado domingo 15 de outubro o incendio do monte da Virxe da Rocha afectou ao noso centro. Afortunadamente o edificio non sufriu danos mais as chamas asolaron a finca.
Estas graves consecuencias non foron maiores grazas ao esforzo de todas as persoas que colaboraron na extinción do lume e na protección do edificio para evitar que este se reiniciase.
Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento e a nosa gratitude a todas elas. Especialmente, a Sergio e Cristian, a Teresa e a súas fillas, a Emilio, a Puri e a Manuel, a Jose Antonio, aos representantes do Concello que estiveron colaborando con nós (o Concelleiro de Medioambiente Raúl, a Concelleira de Educación Beatriz e a Teniente de Alcalde María) e a todas as familias e alumnado que tamén se sumaron.
A Dirección
Enlace o blogue do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística: https://animacionsocioculturalyturisticabaiona.wordpress.com