Informase de que o alumnado interesado en solicitar as axudas para a certificación lingüística, deberán poñerse en contacto co profesorado de inglés do centro.
O prazo de solicitude remata o 23 de setembro, polo que cómpre achegar esta información ao departamento de inglés o antes posible.
Poderá atopar toda a información sobre a convocatoria no seguinte enlace
OFERTA DE PRAZAS: 16 EN TODOS OS MÓDULOS
O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece no artigo 19.2 que as ofertas das ensinanzas de formación
profesionalpoderanse¥lexibilizardexeitoquepermitan,nomeadamenteáspersoasadultas,a
posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou
con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
Ampliación da oferta
A Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas,
nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de
grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para
o curso académico 2022/23, establece na disposición adicional primeira a ampliación da oferta do
réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:
“As prazas que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de admisión e
matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes
efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de
formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que
teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2022/23.
Admisión
O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán:
–As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de¥inalizadas as correspondentes fases de
admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas.
–Para tales efectos, o día 9 de setembro, os centros educativos farán pública no taboleiro de
anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo.
–A matrícula farase no prazo comprendido entre o 9 e o 23 de setembro, por estrita orde de
chegada de solicitudes de maneira presencial.
–O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 23 de setembro. A
partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Dirección Xeral
de Formación Profesional.
–No caso de ciclos formativos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en
proceso de implantación, unicamente será de aplicación aos módulos profesionais do primeiro
curso.
Por último, o alumnado matriculado no curso 2022-2023 polo réxime de persoas adultas en
módulos profesionais dun ciclo formativo, nun centro que tamén ofreza as mesmas ensinanzas
polo réxime ordinario, poderá ampliar a súa matrícula no mesmo centro nos módulos profesionais
que resulten vacantes por este procedemento. En todo caso, a matrícula parcial de módulos
realizarase para o mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 1000
horas.
Todo o alumnado que teña realizada a solicitude de transporte, agás as persoas as que se lle notificou que teñen que facer uso do circular ou se lles cambiou de liña, collerán provisionalmente o autobús escolar nas paradas solicitadas.
Dado o numero de solicitudes, que excede ás prazas dispoñibles, o centro procederá a baremar o número de prazas vacantes entre o alumnado que non teña dereito preferente ao transporte escolar (bacharelato e ciclo superior)
Informarase ás familias que estean nesta situación a maior brevidade posible.
INICIO DE CURSO: DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2022
HORARIO XERAL LECTIVO DO CURSO:
ESO-FPB-BACH
Mañás: de luns a venres de 8:30 h a 14:00 h.
Tardes: Luns de 16:10 h. a 17:50 h
CICLO SUPERIOR:
Mañás: luns a venres de 8:30 h a 14:00 h.
Tardes: luns e xoves de 16:10 h a 18::40 h
____________________________________________________________________
PRESENTACIÓN 1
Cursos: 1º ESO, 2º ESO, 1ºBACH E 2º FPB
Data: 8/9/2022
Hora: 8:30 h
Lugar: pista cuberta. Despois o alumnado sera chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas.
PRESENTACIÓN 2
Cursos: 3º ESO, 4º ESO, 2º BACH
Data:08/09/22
Hora: 8:30 h
Lugar: antifeatro, en caso de choiva ir á pista cuberta. Despois o alumnado será chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas
PRESENTACIÓN 3
Cursos: Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística
Data: 08/09/22
Hora:10:30 h
Lugar: Pista cuberta. Despois o alumnado será chamado polo seu titor/a e seguirán as instrucións dadas.
PRESENTACIÓN 4
Curso: 1º FPB
Data:12/09/22
Hora: 08:30 h.
Lugar: Aula 11. A persoa titora dará as instrucións pertinentes
Damos a benvida a todo o alumnado que se incorpora ó curso 2022-2023 cos mellores desexos de aproveitamento e enriquecemento, e pracenos convidar a un acto informativo, de acollida, ás familias do alumnado de 1º ESO, 1º FPB e 1º de Bacharelato, que accede por primeira vez ó centro
Martes 6 de setembro, as 18:00 h na pista cuberta do centro.
A Dirección
Estimadas familias,
Recordarlles que para o alumnado que vai a viaxe a Pornic é preciso que teña o DNI ou ben o Passaporte en vigor. Para aqueles que non teñan pasaporte e queiran solicitalo, deben saber que a obtención do pasaporte faise no mesmo día.
Tamén compre solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea. É importante solicitar estes trámites con bastante antelación porque están tardando en dar cita.
Reciban un cordial saúdo
AVISO :
SAIRON HOXE, 21 DE XULLO AS LISTAXES. HORARIO DE ATENCIÓN DE 9 A 13 HORAS
Data de matrícula: 22 en secretaría
Documentación: cubrir os modelos que achegamos nun arquivo
Copia do DNI e da tarxeta sanitaria
2 fotos
Xustificante do pago en ABANCA do seguro escolar (1,12 euros) na conta: ES12 2080 5015 68 3040014348
Consello Orientador (Anexo II)
Consentimento de incorporación á FPB (anexo III)
Comunicación de incorporación á FPB (anexo IV)
Certificación académica
Lembramos que a data da publicación da 1ª adxudicación de ciclos superiores e medios é o 19 de xullo.
O calendario de matriculación é: dende o 19 de xullo ata as 13:00 horas do 22 de xullo
Documentación para a matrícula: Anexo VII (matrícula), solicitude de transporte, autorización para a imaxe do alumnado, 2 fotos, copia do DNI e da tarxeta sanitaria e resgardo do pago do seguro escolar (1,12 euros) á conta de ABANCA: ES12 2080 5015 68 3040014348 e certificación académica.
Achegamos modelos para a matrícula e información da Consellería sobre o proceso de matrícula, reserva ou renuncia
Horario da secretaría para o público: de 9:30 a 13:00 h. (mes de xullo)
NOTA: o alumnado que teña algunha incidencia poderá poñerse en contacto coa secretaría do IES ao número de tf. 886110127, no mesmo horario.
De non matricularse ou renunciar á praza no periodo establecido para a 1ª Adxudicación ordinaria, a solicitude será eliminada do proceso de admisión.
Estar matriculado en calquera ensinanza implica a renuncia a continuar participando no proceso de admisión en ciclos formativos.
As instrucións para realizar estas accións estarán dispoñibles para o alumnado na páxina web: www.edu.xunta.gal/fp. Na mesma páxina estarán dispoñibles os accesos aos servizos en liña
AVISO: 16 prazas liberadas. Máis información na seguinte ligazón
AVISO:
Os libros de texto de 1º e 3º da ESO que a Xunta outorga ao alumnado con dereito á axuda de libros, serán adquiridos polo IES Primeiro de Marzo.
A lista cos libros que lle corresponden a cada alumno/a estará exposta no taboleiro de anuncios do centro a partir do luns, 18 de xullo.
Os vales de material poderán recollerse a partir do luns, 18 de xullo na conserxería do centro, no seguinte horario:
Xullo de 10:00 a 13:30 h.
Agosto de 10:00 a 12:00 h.
Xuntamos arquivo coa lista dos beneficiarios dos VALES
Listaxe do alumnado seleccionado para o intercambio con Pornic
Importante: Para a devolución dos cartos ás familias do alumnado non seleccionado enviar un e-mail á seguinte dirección:
ies.primeiro.marzo@edu.xunta.gal
indicando o número de conta ao que facer a transferencia e o nome do alumno ou alumna.