Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.
CONSULTEN NO DOG DO 23/11/2023
"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."
Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo
FESTIVO LOCAL EN BAIONA:
O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro
Rematado o proceso de admisión e matrícula polo réxime ordinario, amplíase a oferta modular para o réxime de persoas adultas
Prazo extraordinario do 18 de setembro ao 22 de setembro en 1º curso de ciclo superior de animación sociocultural e turística,
Oferta: 14 prazas
Normativa: Decreto 114/2010 do 1 de xullo
A dirección do centro publica as Normas de funcionamento do centro e as Normas de convivencia para toda a comunidade escolar.
Comunicación ás familias: Inicio curso
Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2023-2024
Inicio:
- 11 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas e de 16:10 a 17:50 horas) : Todos os grupos agás Ciclo Superior
- 11 de setembro Ciclo Superior: 1º ASCT (10:30) e 2º ASCT (11:30). O resto da xornada será a habitual dos Luns, ata as 14:00h, e pola tarde de 16:10 a 18:40 horas.
Haberá servizo de transporte escolar
A listaxe provisional de bolseiros está publicada no taboleiro da secretaría do centro para a súa consulta.
Período de reclamación : 10 días naturais
Publicación definitiva: 10 de outubro de 2023
AVISO:
Damos a benvida a todo o alumnado que se incorpora ao curso 2023-2024 cos mellores desexos de aproveitamento e enriquecemento, e prácenos convidar a un acto informativo, de acollida, ás familias do alumado de 1º ESO, 1º FPB e 1º de Bacharelato,que accede por primeira vez ao centro, tamén a outras familias de nova incorporación doutros cursos.
Día: 5 de setembro ás 18:00 horas na pista cuberta do centro
Atentamente
A Dirección