Skip to Content

Novas

Servizos mínimos para o 12 de decembro

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE, UGT, STEG e CSI-F comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Publicamos a relación de persoal docente que atenderá os servizos mínimos, segundo o disposto na Orde do 28 de novembro de 2019 (DOG de 4 de decembro):

  • Susana Calvo Peña (Xefa de Estudos)
  • Xesús Fernández Sulleiro (Director)
  • Xosé Fuentes Rodríguez (Secretario)
  • Javier Mª López Rodríguez (Vicedirector)
  • F. Javier Poch Gutiérrez (X.E. Adultos/as)

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar [2019/20]

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

O prazo para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño, ambos inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

O código do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro é o 36020350. Téñao en conta cando cubra a súa solicitude.

  •     Información na web da Consellería [aquí]
  •     Resumo da convocatoria [aquí]
  •     Modelo de solicitude (Anexos I e II) [aquí]

Avaliación final de 4º da ESO

O 3 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, (DXFPIE) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

Días máis tarde recibiuse no centro un escrito da DXFPIE no que se comunica que o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes na avaliación final de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

A avaliación final de educación secundaria obrigatoria ten finalidade diagnóstica (artigo segundo da devandita Resolución do 16 de abril de 2019). En consecuencia, os seus resultados non terán efectos académicos para o alumnado.

A aplicación das probas realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Reciba no seu móbil información de cualificacións e faltas de asistencia do seu fillo/a

Se vostede é pai/nai/titor legal dun alumno/a matriculado no centro, ten un teléfono móbil “intelixente” e nos ten comunicado no centro o seu número de teléfono (pode facelo poñéndoo nos datos do impreso de matrícula, ou dirixíndose ao centro en calquera momento) pode descargar a aplicación gratuíta abalarMóbil da Consellería, que lle permitirá consultar e recibir alertas coas faltas de asistencia do seu fillo/a, consultar as cualificacións etc.

Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store, e se é IOS desde o Apple Store.

O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.

Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.

A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a.

Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, consulte na secretaría do centro.

Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Xornada de acollida das familias do alumnado da ESO

O xoves 4 de outubro terá lugar a sesión de acollida das familias do alumnado da ESO. A actividade dará comezo ás 18.00 horas.

Haberá unha reunión sobre a organización dunha viaxe para o alumnado de 3º e 4º da ESO á que poderán asistir as familias interesadas ás 19h na aula de usos múltiples.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

No DOG do 28/03/2016 publícase a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Poderá acollerse a estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 29 de marzo e remata o día 28 de abril.

Preme nesta ligazón para acceder á información oficial sobre este programa, así como á aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria.

Xa coñeces o abalarMóbil?

O abalarMóbil é unha aplicación que lles permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

Podes porte en contacto coa Secretaría do centro para resolver calquera incidencia relacionada coa instalación ou co uso da aplicación.

Admisión de alumnado en centros públicos 2016-17 [ESO e Bacharelato]

Xa está en marcha o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. Fai clic nesta ligazón para acceder á información oficial.

Lembramos que, de acordo co establecido no artigo noveno da Orde de 12 de marzo de 2013 [ver adxunto], o alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

O prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito será o período comprendido entre o 1 e o 21 de marzo (Anexo II).

Acreditación de competencias

Comunícase que con data 8 de xaneiro de 2016 foi publicada a convocatoria do proceso de acreditación de competencias dirixido a persoas con experiencia profesional que carecen de certificación oficial da súa cualificación.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e remata o 8 de febreiro de 2016.

Segunda convocatoria de axudas para material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG do 10 de novembro a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 [ver arquivo adxunto].

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Distribuir contido


by Dr. Radut