Skip to Content

Xefatura de estudos

Protocolo reunións alumnado

Nos documentos adxuntos recóllese o procedemento a seguir para a convocatoria de reunións de alumnado e, máis especificamente, no caso de mobilización. 

Documentos alumnado

Os documentos adxuntos son de interese para o alumnado e as súas familias para o coñecemento e xustificación das faltas de asistencia: Xustificante ordinario de faltas, comunicación ás familias en caso de mobilización do alumnado e autorización de saída anticipada para o alumnado de bacharelato e ciclos.

Información de inicio de curso para as familias

No documento adxunto recóllese información de utilidade ás familias para o seu coñecemento da organización do centro: asistencia, faltas de orde, gardas, actividades fóra do horario lectivo, libros de texto...

Consello orientador. 1º e 3º ESO

A entrega do consello orientador aos pais realizarase o martes 28 entre 12 e 12:30. Lembrade que o centro queda cunha copia que figurará no expediente do/a alumno/a. Nos adxuntos figuran os modelos para cada un dos cursos.

Promoción na FPB

No documento adxunto explicase a promoción na FPB segundo a normativa vixente, concretando os módulos que é necesario superar para lograr a promoción. Tamén se inclúe un modelo de informe individualizado que hai que cubrir no caso do alumnado con módulos pendentes para setembro.

Fin de curso 2016

Aquí podedes atopar o calendario xeral de fin de curso e o horario das avaliacións. Tamén está o guión dos documentos que teñen que cubrir os xefes de departamento: a memoria e a lista de libros para o próximo curso

Ciclos formativos. Horario de recuperación de módulos pendentes.

Nos documentos adxuntos están o horario de recuperación de módulos pendentes e o calendario de exames e de entrega de traballos para o CM de actividades físico deportivas e o CS de xestión de vendas e espazos comerciais.

Exames finais de pendentes

Os exames finais de pendentes realizaranse nas dúas primeiras semanas de maio, segundo se recolle nos documentos adxuntos. avaliación vai ser o venres 20 de maio ás 12:30 en Audiovisuais 1.

Calendarios final de curso [2015-16]

Orde 29-01-16: Permisos, licenzas e vacacións do persoal docente

No DOG do 15 de febreiro publícase a Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente.

Nos adxuntos podes consultar o contido íntegro da devandita Orde e os anexos que deberá cumprimentar o profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut