Nos documentos adxuntos recóllese o procedemento a seguir para a convocatoria de reunións de alumnado e, máis especificamente, no caso de mobilización.
Os documentos adxuntos son de interese para o alumnado e as súas familias para o coñecemento e xustificación das faltas de asistencia: Xustificante ordinario de faltas, comunicación ás familias en caso de mobilización do alumnado e autorización de saída anticipada para o alumnado de bacharelato e ciclos.
No documento adxunto recóllese información de utilidade ás familias para o seu coñecemento da organización do centro: asistencia, faltas de orde, gardas, actividades fóra do horario lectivo, libros de texto...
A entrega do consello orientador aos pais realizarase o martes 28 entre 12 e 12:30. Lembrade que o centro queda cunha copia que figurará no expediente do/a alumno/a. Nos adxuntos figuran os modelos para cada un dos cursos.
No documento adxunto explicase a promoción na FPB segundo a normativa vixente, concretando os módulos que é necesario superar para lograr a promoción. Tamén se inclúe un modelo de informe individualizado que hai que cubrir no caso do alumnado con módulos pendentes para setembro.
Aquí podedes atopar o calendario xeral de fin de curso e o horario das avaliacións. Tamén está o guión dos documentos que teñen que cubrir os xefes de departamento: a memoria e a lista de libros para o próximo curso
Nos documentos adxuntos están o horario de recuperación de módulos pendentes e o calendario de exames e de entrega de traballos para o CM de actividades físico deportivas e o CS de xestión de vendas e espazos comerciais.
Os exames finais de pendentes realizaranse nas dúas primeiras semanas de maio, segundo se recolle nos documentos adxuntos. A avaliación vai ser o venres 20 de maio ás 12:30 en Audiovisuais 1.