Ao igual que no curso pasado, dende a Biblioteca do noso centro imos tratar de achegarnos ao mundo da lectura e para iso faremos unha serie de actividades nas que todos podemos implicarnos.
- Partimos do Proxecto Lector de Centro, onde se recollen as principais características do noso alumnado e as liñas prioritarias de actuación así como as propostas feitas polos Departamentos. Este será o punto de partida.
- As mochilas viaxeiras van estar connosco durante todo o ano. Comezamos polos primeiros cursos da ESO. Temos 5 mochilas dispoñibles e cada una leva una seleción de material da biblioteca en varios soportes. Ademais tedes á vosa disposición unha libreta na que podedes deixar a vosa opinión sobre esta iniciativa. É unha actividade voluntaria que permite que as familias dos alumnos poidan acceder aos materiais da biblioteca.
- Bibliotecas de Aula. Cada día son máis as bibliotecas de aula do noso centro. Nelas hai unha ampla seleción de obras clásicas, de literatura infantil e xuvenil,... onde poder elixir. Están coordinadas dende o ordenador principal da biblioteca e son actualizadas continuamente. Cada ano vanse renovando de xeito parcial.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROXECTO DE LECTURA-1.pdf | 1017.14 KB |