Skip to Content

INFORMACIÓN Alumnado de Portugués

Ola a tod@s

O venres día 30 de Abril dei por rematado este curso escolar polo que a partir da data de hoxe tódalas fichas que vos vaia pendurando na páxina web terán unha dobre finalidade:

1-O curso remata oficialmente o venres día 19 de Xuño, pero ata chegarmos alá, tódolos luns iravos unha ficha de traballo namentres non poidamos reincorporarnos ás clases. O tempo estimado para facerdes as fichas será de luns a xoves polo que servirán para formar parte da avaliación, do mesmo xeito que o que fixestes ata agora.

2-Estas fichas van servir de repaso

A suma da nota global funcionará como ata agora: haberá unha 3ª avaliación que vai dende o 19 de Marzo ata o 19 de Xuño, e unha avaliación final que será a suma da 1ª+2ª+3ª avaliación e é a que farei inmediatamente despois de ter feita e cadrada esta 3ª avaliación. Esta nota final é a que aparece no boletín de notas do mes de Xuño, onde di quen aproba e quen suspende a materia.

As fichas que entregastes ata agora e que vos irei devolvendo corrixidas cunha cualificación numérica, valen o 25% da nota (como xa sabedes) e as competencias clave seguen valendo o 25%. Por favor ide mandando as fichas porque senón metédesme nun compromiso grande á hora de avaliar, e hai que cumprir coa lei. Con respecto á excursión hai unha única solución que xa vos comentarei mellor persoalmente. Avisádevos uns aos outros por se alguén non se enterase.

Agora falta ese 50% da nota que son os controis. Como fisicamente non se poden facer porque non hai clases presenciais, esa porcentaxe vai quedar da seguinte maneira: Tódalas fichas que vos mande a partir do día 11 de Maio vanvos servir de controis co cal van contar o 50% da nota e non o 25%  (mándovos en anexo un arquivo de pdf a modo de “titorial”). Por iso tedes que entregala, a mais tardar o xoves ás 23:00H, sendo que o venres, dedicareime a corrixir todo con tempo suficiente.

Sabedes que as fichas que vos mando van en formato de openoffice que é un dos formatos que admite a páxina web do IES para que poidades escribir nela; o formato en pdf, é só de información.

Eu sei polos contextos, se o facedes vós ou tedes axuda, polo tanto sede honest@s. E tede coidado co tradutor porque traduce á brasileira.

Com trabalhos do 25 de Abril fiz este filme aqui devido a que não pôde ser feito o concurso e também não podemos pendurar o “mural” com todos os trabalhos no corredor da Biblioteca, eis porque foi feito assim; reparem que o meu trabalho também foi incluído como vos tinha prometido. É apenas assistirem, não há nada a fazer.

Con este escrito douvos a tod@s por enteirad@s e avisad@s.

AdxuntoTamaño
Titorial Avaliacións.pdf416.51 KB
Página WEB del IES.pdf330.66 KB


story | by Dr. Radut