Skip to Content

Para todo o alumnado de Francés e Portugués

Deberedes confeccionar un CARTEL que faga alusión a todo o persoal sanitario en homenaxe ao grande esforzo que están a facer e ao risco ao que se expoñen; tamén podedes escoller, se queredes a: camioneiros, empregados/as de supermercados ou a outro tipo de traballadores/as que se ven expostos/as ou obrigados/as a cumpriren co seu deber: xeriátricos, entidades benéficas, entre outros.

Baixades unha foto de Internet ou ben facedes un debuxo, xa que hai moi bos/as debuxantes e logo escribides un lema ou unha frase alusiva.

O alumnado de francés escribiraa en FRANÇAIS e o de portugués en PORTUGUÊS, os que tedes as dúas materias farédelo en PORTUGUÊS.

Valorarase a orixinalidade. O tamaño será nun folio tamaño Din A4; os que o fagan no computador, podedes mandarmo por correo, o resto daramo na clase cando voltemos.

Tódolos carteis serán pendurados polos corredores do IES.

Animádevos



story | by Dr. Radut