Skip to Content

Folleto de orientación académica 2018

 

 

 

 As avaliacións ao remate da ESO, de momento, non se realizan, están paralizadas!

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

MATERIAL PARA ALUMNADO DE 1º DE ESO

CURSO: 2017/2018

 NO CURSO 2018/19 …

QUE MATERIAS  CURSARÁS SE PROMOCIONAS A 2º DE ESO?

 Terás que escoller entre ensinanzas de Relixión ou Valores Éticos. A opción de Relixión ou Valores Éticos poderás cambiala en cada curso de ESO.

      XEOGRAFÍA E HISTORIA

      EDUCACIÓN FÍSICA

      MÚSICA

      FÍSICA E QUIMICA

      LINGUA GALEGA E LITERATURA

      LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

      PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS)

  • SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA (FRANCÉS)
  • MATEMÁTICAS
  • TECNOLOXÍA
  • ESCOLLES ENTRE: COMPRENSIÓN LECTORA E EXPRESIÓN ORAL/ PROGRAMACIÓN

 

 Que se estuda en programación? O obxectivo da materia  é que o alumnado aprenda a programar incorporando unha ferramenta moi útil nestes tempos nos que a tecnoloxía está tan presente en todos os sectores. Dada a idade do alumnado vaise enfocar dende un punto de vista lúdico, empregando unha linguaxe de programación chamada Scratch, especialmente desenvolvida para levar a programación ás aulas. Con el deseñaremos historias interactivas, animación e xogos.

 

COMO É A PROMOCIÓN DE 1º A 2º DE ESO?

      Se aprobas todo en xuño, para o curso que vén estarás en 2º de ESO. NORABOA, PODERÁS DISFRUTAR NO VERÁN!!!! SENTIRASTE MELLOR!!!!

      Se suspendes algunha materia en xuño, ánimo,  terás outra oportunidade en setembro. Estórzate e non a desaproveites! É importante non levar materias pendentes (xa sabes que non te libras delas, teralas que recuperar).

 En función dos resultados de setembro:

 o      PROMOCIONARÁS  A 2º SE APROBACHES TODO OU TES UNHA OU DÚAS MATERIAS SUSPENSAS (se non son L Galega e LIT + Matemáticas ou L Castelá e LIT. + Matemáticas) .

 o      SE TES TRES OU MÁIS SUSPENSAS REPETIRÁS CURSO (se xa estás a repetir, promocionarás por imperativo legal a 2º pero coas materias suspensas).

 OLLO!!!!   SÓ SE PODE REPETIR DÚAS VECES EN TODA A ESO.

 

QUE MATERIAS  CURSARÁS EN 3º DE ESO?

      BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

       XEOGRAFÍA E HISTORIA

      EDUCACIÓN FÍSICA

      EDUCACIÓN PLÁSTICA VISUAL E AUDIOVISUAL

      FÍSICA E QUIMICA

      LINGUA GALEGA E LITERATURA

      LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

      PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS)

      MATEMÁTICAS: ESCOLLES

 Orientadas ás ensinanzas académicas (se no futuro pensas facer BAC) 

 Ou orientadas ás ensinanzas aplicadas (se no futuro pensas facer FP)

      MÚSICA

      TECNOLOXÍA

      RELIXIÓN ou VALORES ÉTICOS

      OPTATIVA (ELIXIR UNHA):

 o      2ª LINGUA ESTRANXEIRA (Francés).

 o      CULTURA CLÁSICA

 Debes escoller a optativa en función dos teus intereses e a que che aporte máis na túa formación.

 Cultura Clásica:

  Esta materia ten un obxectivo básico: coñecer os aspectos máis relevantes das sociedades e as culturas de Grecia e Roma e descubrir desde o mundo de hoxe o fío que nos guía ata elas.

 Os contidos distribúense en tres bloques:

 Bloque 1, Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares.

 Bloque 2, As pegadas do mundo clásico.

 Bloque 3 Nocións básicas de lingua e literatura gregas e latinas.

 A  aprendizaxe  da materia ten un carácter práctico a través de exposicións, PowerPoints, documentais…

 QUE SE ESTUDA  EN 4º DE ESO?  ESCOLLERÁS ENTRE:

 

pción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato

Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.

Materias troncais

a) Xeografía e Historia.

b) Lingua Castelá e Literatura.

Lingua e Lit. Galega.

c) Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas.

d) Primeira Lingua Estranxeira.

e) Elixir dúas materias de entre as seguintes:  

1.º) Bioloxía e Xeoloxía.

2.º) Economía.

3.º) Física e Química.

4.º) Latín.

a) Xeografía e Historia.

b) Lingua Castelá e Literatura.

Lingua e Lit. Galega.

c) Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.

d) Primeira Lingua Estranxeira.

e) Elixir dúas materias destas:

1.º) Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.

2.º) Iniciación á Actividade Emprendedora e          Empresarial.

3.º) Tecnoloxía.

 

 

Materias específicas

a) Educación Física.

b) Relixión ou Valores Éticos.

c) Dúas materias das seguintes:

1º) Segunda Lingua Estranxeira. (Francés)

2.º) Cultura Científica.

3.º) Cultura Clásica.

4.º) Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

5.º) Filosofía.

6.º) Música.

7.º) Tecnoloxías da Información  e a Comunicación.

8.º) Unha materia do bloque de materias troncais non cursada polo alumno ou alumna.

     

                             Outra opción: FP BÁSICA

 Finalidade da FP Básica: Está dirixida a aquel alumnado que non rematou a ESO e quere mellorar a súa formación para acceder  ao mundo laboral ou  continuar no sistema educativo na Formación Profesional (facer un Ciclo Medio de FP unha vez superada a FP Básica).

 Duración: 2.000 horas, equivalentes a dous cursos académicos a tempo completo.

 Que se estuda?

 a) Módulos profesionais (ligados ao perfil que elixas: servizos  comerciais, informática, electricidade e electrónica …).

 b) Outros módulos:

 b.1) Módulo de Comunicación e sociedade: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estranxeira e Ciencias Sociais

 b.2) Módulo de Ciencias aplicadas: Matemáticas, Ciencias

    c) Módulo de formación en centros de traballo.

 Requisitos xerais de acceso

 a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

 b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

 c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

 Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

 

 Consello orientador

 

 Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno un consello orientador que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a seguir. Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación sobre a incorporación a un programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) ou a un ciclo de Formación Profesional Básica (FPB).

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut