Skip to Content

COMO ESTUDAR

TÉCNICAS DE ESTUDO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

CONDICIÓNS QUE FAVORECEN O ESTUDO
1. Lugar de estudo:
- Boa iluminación.
- Habitación ben ventilada (temperatura agradable).
- Mesa con material a man (dicionarios, libros, etc).
- Cadeira cómoda, pero non excesivamente, xa que podemos chegar a durmirnos nela.
- Non debe dispoñer nesta habitación de televisión, videoxogos, móbiles ... que poden distraer o estudo.
2. Cando estudar?
- Sempre ás mesmas horas, se é posible, para crear un hábito de estudo (todos os días un pouco).
3. Como estudar?
- Organizar o tempo.
- Facer unha PLANIFICACIÓN (igual que un horario de clase ou de adestramento deportivo), con tempos de deberes e estudo e lecer.
O tempo mínimo de estudo, para un alumno medio de secundaria pode ser de hora e media a dúas  horas diarias, ademais do tempo que se debe dedicar para elaborar traballos, lecturas, etc. Para que estas horas sexan eficaces, é necesario prestar atención en clase.
- A planificación debe abarcar todos os días da semana e ser persoal e realista segundo as nosas posibilidades (si non podemos cumprila non serve de nada).
- Antes de poñerse a estudar hai que preparar todo o material necesario (libros, cadernos,  material específico etc.).
ESTUDO ACTIVO
1. Lectura rápidaIdea xeral (apartados, extensión, ...)
2. Lectura lenta e activa
 Comprensión, extraer ideas principais ...
3. Subliñado
Destacar cun trazo as partes esenciais dun escrito (¡as máis importantes!). É bo subliñar con varias cores (2 ó 3), pero non converter o libro nun graffiti.
4. Esquema
Son as ideas básicas, estruturadas de forma lóxica (chaves, números, letras, etc.): principais, secundarias e detalles.
5. Resumo
Extraer dun tema as ideas máis importantes utilizando menos palabras (as túas palabras, pero sempre utilizando unha linguaxe correcta).
6. Memorización.
7. Repaso.
ANTES DUN EXAME
- Controla os teus nervios (o mellor remedio é unha boa preparación = confianza en ti mesmo/a)
- Coida o descanso (non te pegues a malleira estudando toda a noite previa ao exame).
- Leva preparado todo o necesario.
- Le detidamente todo o exame e fai un breve esquema antes de desenvolver o tema (isto axudarache a non esquecerte de nada e a repartir o tempo de resposta).
- Comeza respondendo as preguntas que mellor coñezas e repasa ao final do exame.
- Nunca nos sobra o tempo nun exame, todo se pode completar e mellorar: revisión ortográfica, puntuación, etc.
- Sobre todo, coida a presentación que, do mesmo xeito que nos traballos, inflúe no resultado.
- Si tes algunha dúbida sobre os enunciados das preguntas, levanta a man e pregunta ao teu profesor/a.
COMO ACTUAR NA CLASE
- É imprescindible a asistencia a todas as clases e con puntualidade.
- Presta atención e participa activamente nas clases, evitando en todo momento distraerte.
- Debes repasar na casa todos os días a materia dada e realizar os traballos e deberes que che mandan.



story | by Dr. Radut