Skip to Content

Curso 2010/2011

Proxecto ACER - EUN Matemáticas 2010-2011

Os alumnos de 2º ESO  participan no proxecto ACER- EUN. Nos seguintes enlaces aparecen os recursos que utiliza cada profesor que participa no proxecto:

Severino González Mejide: Mateseve

Juan Carlos Vila Vilariño: Matemáticas 2º ESO

Alfonso Vázquez Parcero: As Mates de Alfonso

José Luís Iglesias Salvado:

Exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

03/11/2010 00:00
15/11/2010 00:00
Etc/GMT+1

O curso pasado solicitouse ao CEIDA a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" sobre o cambio climático, mais estabamos en lista de espera e foinos enviada agora: dende  3 de novembro ao 15.
Este exposición está a disposición de todos os profesores e alumnos na Sala de Usos múltiples, asi que podedes pasar a visitala cando queirades.
Os materiais cedidos ao centro son:
- 18 paneis
- Cadernos de actividades didácticas para os alumnos
- Folletos divulgativos
- Audiovisual "Cambio climático: o reto do século XXI"

Exposición completa

CURSO 2010-2011

 

 

 

Aberta todos os recreos e de martes a venres de 16.30 a 19.30 da tarde.

Servizos: Sala de lectura, préstamo de libros, CDs e DVDs, ordenadores con acceso a Internet e actividades diversas.

 

 

  • Comisión de Convivencia

     

 

 

 

 

XXI Xornadas Pedagóxicas de UCETAM

 Durante os días 1 e 2 de xullo tiveron lugar en Valladolid as XXI Xornadas Pedagóxicas de UCETAM ás que fomos invitados como poñentes o coordinador TIC José Luis Iglesias, a Xefa de Estudios Mercedes Dans e a Directora Antonia Pascual. Asistimos ambas e presentamos a comunicación que se pode ver na páxina web de UCETAM, concretamente, o Panel de Experiencias III.http://www.ucetam.org/ A acollida da nosa presentación foi excelente. O Proxecto Ponte dos Brozos resultoulles moi interesante así como o traballo que o profesorado ven realizando todos estes anos no IES de Pastoriza e que está catalizado na páxina web do mesmo. Os asistentes e organizadores das Xornadas valoraron moi positivamente o esforzo levado a cabo polos axentes implicados no PPdB, è dicir, a Fundación Amancio Ortega, o Concello de Arteixo, as familias e os Centros públicos.

 O que mais chamou a súa atención foi o alto nivel de utilización das TICs no proceso de ensino-aprendizaxe e as experiencias expostas reflectidas na nosa páxina web estanse a converter nun punto de referencia para os centros participantes no encontro, como así nos manifestaron en numerosas ocasións.

 

 

Prácticas innovadoras con TIC

Prácticas innovadoras con TIC en el ámbito educativo

Cazatesoros de Ciencias Sociales: ¿ Un mundo sin máquinas?

 

VISITA GUIADA DE ARQUITECTURA E CIDADE A CORUÑA.

06/04/2010 00:30
06/04/2010 18:00
Etc/GMT+1

9:30._ SAÍDA DO INSTITUTO.

10:00- 11:30._ PERCORRIDO EN AUTOBÚS POLA CIDADE.

11:30- 12:30._ VISITA A FUNDACIÓN LUIS SEOANE.

12:30- 14:00._ PASEO CAMIÑANDO ATA OS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ.

14:00._ PAUSA PARA XANTAR NO PORTO DE OCIO(LEVAR O VOSO XANTAR).

15:15 ._ SAÍDA A PE CARA O MUSEO DE BELAS ARTES.

15:30._ VISITA AO MUSEO E PARTICIPACIÓN NUN TALLER DE GRAVADO.

17:30._ SAÍDA DO MUSEO.

18:00._ CHEGADA AO INSTITUTO.

Agregador de novas

O botón Agregador de novas incorporado na barra superior, permite acceder ás últimas entradas publicadas nos blogs que xa existen no instituto. Antes de entrar, convén facer unha actualización premendo en Lanzar CRON (menú de Navegación).

Se queres incluír o teu blog no lector de novas, ponte en contacto cun dos catro administradores (Juan Carlos, Ana, Seve ou Teresa). Gracias!!!

Libros de texto curso 2010-2011

Calendario escolar curso 2010-2011

Períodos vacacionais:

  • Nadal: desde o día 23 de decembro de 2010 ata o día 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive.

  • Semana Santa: desde o día 18 de abril ata o 25 de abril de 2011, ambos os dous inclusive.

  • Entroido: días 7, 8 e 9 de marzo de 2011.

Días non lectivos:

  • 7 de decembro de 2010 (martes) → Día do Ensino

Días non lectivos de libre disposición polos centros:

  • Día 2 de Novembro de 2010

  • Día 16 de Maio de 2011

Entrega de boletíns:

  • Os boletíns do 1º trimestre entregaranse 0 21 de Decembro 

  • Os do 2º trimestre entréganse o 16 de Abril

Días festivos.

  • 12 de outubro (martes)) → Festa Nacional de España

  • 1 de novembro (luns) → Día de tódolos Santos

  • 6 de decembro (luns) → Día da Constitución Española

  • 8 de decembro (mércores) → Inmaculada Concepción

  • 2 de maio (luns) → Festa do Traballo (traslado do día 1)

  • 17 de maio (martes) → Día das Letras Galegas

Celebración de Conmemoracións:

  • Do 1 ao 11 de decembro de 2010 → Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

  • 10 de decembro de 2010 → Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

  • 30 de xaneiro de 2011 → Día da Paz

  • 8 de marzo de 2011 → Día Internacional da Muller Traballadora.

  • 15 de marzo de 2011 → Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

  • Do 8 ao 12 de marzo de 2011 → Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornáis.

  • Entre o 12 e o 30 de abril de 2011 → Día do Libro.

  • 7 de abril de 2011 → Día Mundial da Saúde.

  • 9 de maio de 2011 → Día de Europa.

  • Do 16 ao 20 de maio de 2011 → Semana das Letras Galegas

  • 5 de xuño de 2011 → Día Mundial do Ambiente.

 

  O calendario escolar para o curso 2010/11, aprobado pola Consellería de Educación, podémolo ver no arquivo do DOG en formato pdf: calendario

Distribuir contido


by Dr. Radut