Skip to Content

XXI Xornadas Pedagóxicas de UCETAM

 Durante os días 1 e 2 de xullo tiveron lugar en Valladolid as XXI Xornadas Pedagóxicas de UCETAM ás que fomos invitados como poñentes o coordinador TIC José Luis Iglesias, a Xefa de Estudios Mercedes Dans e a Directora Antonia Pascual. Asistimos ambas e presentamos a comunicación que se pode ver na páxina web de UCETAM, concretamente, o Panel de Experiencias III.http://www.ucetam.org/ A acollida da nosa presentación foi excelente. O Proxecto Ponte dos Brozos resultoulles moi interesante así como o traballo que o profesorado ven realizando todos estes anos no IES de Pastoriza e que está catalizado na páxina web do mesmo. Os asistentes e organizadores das Xornadas valoraron moi positivamente o esforzo levado a cabo polos axentes implicados no PPdB, è dicir, a Fundación Amancio Ortega, o Concello de Arteixo, as familias e os Centros públicos.

 O que mais chamou a súa atención foi o alto nivel de utilización das TICs no proceso de ensino-aprendizaxe e as experiencias expostas reflectidas na nosa páxina web estanse a converter nun punto de referencia para os centros participantes no encontro, como así nos manifestaron en numerosas ocasións.

 

 



page | by Dr. Radut