Skip to Content

BENVIDA

A nosa gañadora: Elisa Posada González

No certame para elixir a máscara oficial de La Vuelta a gañadora foi a nosa alumna Elisa Posada González:

Axuda material escolar

Dende hoxe estarán publicadas no interior do IES de Mos (na entrada principal) as listaxes cos vales de material escolar concedidos pola xunta.

Lembrade que os rapaces que  teñan materias para setembro (e teñan libros) saen rexeitados por ese motivo e ata setembro non  se resolverá.

Os vales  para a axuda do material escolar poderán recollerse na conserxería dende o día 12 de xullo ata o día 28 de xullo en horario de 10:00 ata ás 13:00

Se a persoa solicitante non pode vir recoller o vale, pode delegar noutra persoa pero esa persoa terá que: ser maior de idade, traer unha autorización da persoa solicitante e  a fotocopia do DNI do solicitante.

 

Un saúdo

Calendario setembro (exames de pendentes e matrícula)

Importante modificación!!

 

Poderán ver  no documento adxunto o calendario dos primeiros días de setembro:

- as datas e horas de exames de materias pendentes da ESO e 1º Bacharelato

- día e hora de entrega de notas

- as datas e horas para matricularse no seguinte curso

Listaxe libros de texto para o curso 21-22

 

Ver listaxe de libros de texto  para o curso 21-22 aquí

 

Sobre o libro de cultura clásica de 4º da ESO, haberá que esperar a setembro para que o profesor  indique se hai que mercalo ou non. (Sentimos as molestias)

 

Actos de graduación de 4º ESO e 2º Bacharelato

O noso agradecemento a Todos e Todas. Especialmente a: Concello de Mos, ANPA do IES de Mos, Claustro

As nosas felicitacións ao noso alumnado:

De 4º da ESO

E de 2º de Bacharelato